![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS
As inscricións nos obradoiros serán de balde (agás no obradoiro de "recursos naturais para a prevención da gripe"), e realizaranse no stand da organización dende o inicio da Feira. As prazas cubriranse por orde de chegada ata encher capacidade.
PROGRAMA OBRADOIROS
A. Auga de colonia e sales de baño: cosmética natural a base de extractos de plantas medicinais. Impartido por: Milhulloa S.C.G Data: sábado 17 ás 12:30 h. Lugar: Aula F, pranta baixa, recinto feiral. Número máximo de participantes: 20 persoas Elaboración de auga de colonia e sales de baño a base de diferentes extractos de plantas medicinais (augas floráis, esencias, alcoholatos, macerados, etc.). Os participantes levarán o producto final no seu correspondente envase unha vez finalizado o obradoiro. B. Cociña vegana Impartido por A.C. Caleidoskopio Sábado 17 de outubro ás 13:00 Aula F, pranta baixa do recinto feiral. Número máximo de participantes: 20 persoas Presentaranse algunhas recetas de elaboración vegana: paté de sésamo, biscoito vegano,… As persoas participantes poderán realizalas, en pequenos grupos de traballo de 4-5 integrantes, empregando ingredientes biolóxicos e/ou caseiros. C. Radistesia Impartido por: Terramar Data: sábado 17 ás 13:30 Lugar: Aula D, primeiro andar, recinto feiral. Número máximo de participantes: 15 A Radistesia é a antiga ciencia de obter información mediante instrumentos como o péndulo de cuarzo. O seu uso máis frecuente é o de atopar agua nun terreo, pero tamén se pode ampliar para obter información de moitos tipos. É especialmente útil no campo da terapia, para lograr información sobre distintas enfermidades. D. Iniciacion ao Contact Juggling. Impartido por: Isla Malabar Data: sábado 17 ás 18:00 e domingo 18 ás 18:00 h Lugar: posto de Isla Malabar, pranta baixa do recinto feiral. Número máximo de participantes: 10 persoas (maiores de 15 anos) Iniciación ao malabarismo de contacto (malabarismo que consiste en manter unha pelota en constante contacto co corpo, facéndoa rodar polas mans e brazos e creando efectos e ilusións ópticas.) Aprenderemos os movementos e os trucos básicos para que o alumno poda seguir experimentando e evolucionando pola súa conta unha vez finalizado o curso. E. Taller de reciclaxe (carteira de tetrabrik) Impartido por: Cris Fernández de las Heras (Mipalanave) Data: sábado 17 de outubro ás 19:00 h Lugar: posto de Mipalanave, pranta baixa do recinto feiral. Número máximo de participantes: 10 persoas Obradoiro de reciclaxe no que os/as participantes, aprenderán a realizar un monedeiro a parir dun tetrabrik. F. Construcción de fornos solares Impartido por: Juan Bello Llorente Data: domingo 18 ás 11:30 e ás 17:00 Lugar: Aula B, primeiro andar, recinto feiral. Número máximo de participantes: 15 Normalmente asociamos enerxía solar coa alta tecnoloxía e con procesos técnicos complicados. A través deste obradoiro mostrarase o accesible e cotidiano que pode resultar a enerxía solar, ensinando a maneira de fabricar fornos solares, con materiais fácilmente dispoñibles. G. Charla – Obradoiro “O azucre e alternativas” Impartido por: Sabina García Data: domingo 18 ás 12.00 h Lugar: Aula F, pranta baixa do recinto feiral. Número máximo de participantes: 20 Neste obradoiro mostraranse distintas alternativas que existen para a sustitución do azucre dentro da cociña xunto coa realización de algunha receta a modo explicativo. H. Obradoiro de recursos naturais para a prevención de estados gripais. Impartido por: Laura Romera, aromaterapeuta e kinesóloga Domingo 18 de outubro, de 16.00 a 20.00 h Prezo: 20 euros Inscrición: no posto da organización, planta baixa do recinto feiral. Prantas aromáticas, aceites esenciais e complementos nutricionais. Explicación das distintas propiedades e usos, facendo fincaré no emprego responsable dos mesmos para unha boa prevención dos estados gripais nesta época do ano. I. Creación de monicreques Impartido por: Teatro tradicional de Títeres de Chile. Data: domingo 18 ás 17:30 h Lugar: Espazo infantil, primeiro andar do recinto feiral. Número máximo de participantes: 30 (de 7 a 12 anos) *Materiais a levar: 1 botella vacía de auga por cada neno (de ½ litro mínimo). .1 calcetín de cor branco, amarelo, rosa etc. .1 camiseta de manga corta pequena (tamaño bebé ou semellante) J. Dentífrico e colutorio: Cosmética natural a base de extractos de plantas medicinais. Impartido por: Milhulloa S. Coop. Galega Data: domingo 18, ás 19:00 Lugar: Aula F, pranta baixa recinto feiral. Número máximo de participantes: 20 persoas Elaboración de dentífrico e colutorio, a base de diferentes extractos de plantas mediciñais (augas floráis, esencias, alcoholatos, macerados, etc.). Os participantes levarán o producto final no seu correspondente envase unha vez finalizado o obradoiro. | ![]() |
|||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||