![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
CAMBIO HORARIO NOS CURSOS FORMATERRA 2009
CAMBIO HORARIO NO CURSO B. AROMATERAPIA Informamosvos do cambio horario no curso B. Aromaterapia. Recursos naturais para as emocións e o equilibrio infantil NOVO HORARIO Duración do curso: 12 horas Sábado 17 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Domingo 18 de 16.00 a 20.00 h. CAMBIO HORARIO NO CURSO D. XOGOS DE APRENDIZAXE. O curso D. Xogos de aprendizaxe. Xogando a vida, impartirase o domingo 18 de outubro NOVO HORARIO Duración do curso: 8 horas Domingo 18 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
PERSOAS ADMITIDAS NOS CURSOS FORMATERRA 2009
Todas as persoas que fixeron a súa inscrición nos cursos Formaterra 2009 e tamén realizaron o pago correspondente están admitidas. *A recepción dos cursos farase no recinto feiral media hora antes do seu comezo.
FORMATERRA 2009
A formación é vital á hora de presentar unha alternativa que pretende servir á cidadanía para mellorar as súas relacións e as que mantén co entorno que a rodea. Á hora de propór un xeito de vida baseado no respeto á Terra, á vida e sempre un referente ecolóxico xorde a necesidade de establecer un programa formativo que dea soporte ás inquietudes, demandas e ganas de aprender das e dos cidadáns que desexen optar por unha outra forma de estaren no mundo. Así, no seo do festival nace o programa formativo Formaterra, coa intención de servir de plataforma de aprendizaxe ás persoas que procuran re-atoparse co medio natural e mirar a un tempo cara si memas e de xeito colectivo atendendo a disciplinas como as terapias alternativas, a medicina natural ou a agricultura ecolóxica, entre outras. A.* CONCEPTOS BÁSICOS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA B.* AROMATERAPIA. RECUROS NATURAIS PARA AS EMOCIÓNS E O EQUILIBRIO INFANTIL C. *CURSO DE BHANGRA / BOLLYWOOD CON KUNDALINI YOGA D. *XOGOS DE APRENDIZAXE / XOGANDO A VIDA E. *TÉCNICAS FÍSICAS E MEDITATIVAS Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario A. CONCEPTOS BÁSICOS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA Imparte: Yago González Sierra e Graciela Méndez Rodríguez (Asturies), voluntario e técnica da leira de agricultura ecolóxica e centro especial de emprego "El Cabillón". Duración: 8 horas Horario: Sábado 17 e domingo 18 de 10.00 a 14.00 h Nº máximo de participantes: 15 persoas Prezo: 40 € Este curso vai destinado a persoas que teñan interese por achegarse á agricultura ecolóxica, mediante unha visión sinxela e amena dos conceptos básicos que rexen o seu funcionamento, coa intención de animar aos l@s alumn@s a implicarse no seu desenvolvemento, tanto consumindo produtos ecolóxicos, como pondo en práctica as súas técnicas no seu pequeno horto familiar, horto urbano ou xardín. Que se entende por agricultura ecolóxica? En que consisten as súas técnicas? É complicado levalas á práctica? Necesítanse moitos coñecementos para practicar a agricultura ecolóxica? Que significa acolchado, abono verde, compostaxe...? Podo practicar a agricultura ecolóxica no meu pequeno horto? En que se distinguen as verduras ecolóxicas das convencionais? Que significan e como funcionan os selos de certificación ecolóxicos? Estas son algunhas das preguntas que trataremos de contestar. B. AROMATERAPIA. RECUROS NATURAIS PARA AS EMOCIÓNS E O EQUILIBRIO INFANTIL Imparte: Laura Romera (Murcia), aromaterapeuta e kinesióloga Duración: 16 horas Horario: Sábado 17 e domingo 18 de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h Número máximo de participantes: 20 persoas Prezo: 70 € Este taller esta destinado a un público xeral. Tanto para nais/pais e persoas que traten con nen@s como para profesionais do sector. OBXECTIVOS: -Dar un enfoque holístico das emocións e o seu tratamento. -Deseñar unha proposta de abordaxe ao tratamento aromático para nen@s., integrando corpo e alma. A través das ferramentas que nos brinda a natureza (plantas aromáticas, as súas esencias e elixires florais), abordaremos as emocións básicas do ser humano, descriptas polo Dr. Eduard Bach, creador do sistema floral que leva o seu nome, dando unha proposta para harmonizar a alma do nen@. Masaxes, toques amorosos, aromas, que lles axudasen a madurar, a comprender, a ser máis felices coas súas relacións persoais. O taller froito, de 21 anos de labor artístico, ecolóxica e terapéutica, con nen@s de diferentes idades, e condicións sociais, propón unha dinámica preventiva de enfermidades e desequilibrios. *NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda de fibras naturais, calcetíns, manta de viaxe, toalla grande, toalla pequena, esterilla e coxín alto para o chan e para rematar un caderno para apuntes. C. CURSO DE BHANGRA / BOLLYWOOD CON KUNDALINI IOGA Imparte: Sat Guru Kaur (Barcelona / Londres) Duración: 12 horas Horario: Sábado 17 e domingo 18 de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h Nº máximo de participantes: 20 persoas Prezo: 60 € Vivir a alegría dentro. Técnicas de Kundalini Ioga para espertar o Shakti, a felicidade de vivir. Bhangra é o baile da alegría, dunha tradición baseada no punjab dos campesiños para celebrar a colleita. Axuda a reconectarte coa túa capacidade de sentir e equilibrar os 2 hemisferios do cerebro. Eleva o teu estado de ánimo e con Kundalini Ioga faremos unhas asanas (posturas especiais) para complementar este baile precioso e incrementar a nosa vitalidade, as nosas ganas de vivir e a elevación do noso espírito. É un descubrimento da conciencia corporal para entrar nun contacto profundo co corpo a través da danza e as técnicas de Kundalini. Complementarase cunha meditación de sanación para temas emocionais. D. XOGOS DE APRENDIZAXE / XOGANDO A VIDA Imparte: Xabela Vargas (Barcelona), fundadora do Método Bengala de Crecemento Persoal Duración: 8 horas Horario: Sábado 17 de 10.00 a 14.00 h e 16.00 a 20.00 h Nº máximo de participantes: 20 persoas Prezo: 50 € Este taller está concibido para traballar en grupo, facilitando mediante o xogo consciente as posibilidades creativas e sanadoras que todo ser leva dentro. Os xogos de aprendizaxe facilitan o contacto e normalizan o noso comportamento cara aos demais na vida cotiá, axudándonos a descubrir e normalizar o noso desenvolvemento no colectivo humano. Os diferentes xeitos coas que traballaremos neste taller abriranche novas portas psíquicas onde vas descubrir lugares do teu interior e novas formas de percibirche nun espazo purificado. Traballaremos cos tres aspectos do corpo: orgánico, psíquico e espiritual, facilitando así todas as posibilidades da nosa expresión. Mediante os exercicios afinaremos o instrumento corporal de modo que se faga máis sensible, receptible e fluído coa esperanza de poder adquirir e ampliar o marabilloso mundo de creatividade e conexión que posuímos por dereito como os seres das estrelas que somos. NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda, unha manta e un pano. PARA COÑECER MAIS INFORMACIÓN SOBRE O MÉTODO BENGALA DE XABELA VARGAS PICA AQUÍ E. TÉCNICAS FÍSICAS E MEDITATIVAS (2 OPCIÓNS) IMPARTE: Toño González (Galiza), instrutor de Tai Chi Chuan por RFEJDA, diplomado en Qi Gong por IGANCHI, profesor de Hatha Ioga Sivananda por vos Centros internacionais de Ioga Sivananda e profesor de Kundalini Ioga por AEKY PREZO: 35 € se realizas só un curso / 50 € se elixes realizar as dúas opcións OPCIÓN I: QI GONG (CHI KUNG) LOU HAN "18 PALMAS DE BUDA" DURACIÓN: 4 horas HORARIO: Domingo 18 de 10.00 a 14.00 h. Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES: 15 persoas A finalidade das 18 palmas de Buda é a de construír un corpo flexible e forte. Traballa músculos, tendóns, ligamentos, articulacións e especialmente a columna vertebral, a través de estiramentos e a constante alternancia entre o yin e o yan. Tensión e relaxación. A súa práctica favorece o fluxo de enerxía polas canles enerxéticas. Desenvolve a consciencia corporal. Unha arte milenaria, unha fonte de enerxía e vitalidade. *NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda que lle permita realizar movementos amplos, calzado cómodo e unha esterilla. OPCIÓN II: RESPIRACIÓN E RELAXACIÓN HACIA O BENESTAR DURACIÓN: 2 horas e media HORARIO: Domingo Domingo 18 de outubro de 17.30 a 20.00 h. Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES: 20 persoas A respiración é a función fisiológica máis importante do ser humano, de modo que ter unha vida sa, depende en gran medida de que sexamos capaces de respirar dunha forma adecuada. Necesitamos rehabilitar a respiración deficiente ou incorrecta e sacar o maior proveito a esta función vital e esencial que nos permite así promover a saúde e vitalidade, controlar os estados de ánimo, desenvolver a concentración e promover un estado de conexión. A relaxación é unha ferramenta moi demandada na sociedade actual, onde a tensión e a presa son fontes de malestar físico e psicolóxico. Traballaremos con Ioga Nidra que é unha poderosa técnica que nos ensina a relaxarnos de xeito consciente. Ioga Nidra é un método sistemático para chegar a relaxación física, emocional e mental. Un estado de soño con plena lucidez. NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda, unha esterilla, unha manta e un coxín. Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS FORMATERRA 2009 INSCRICIÓN E PAGO Para facer a inscrición nos cursos da VI Feira Ecolóxica de Arzúa TERRACTIVA, Festival das Artes pola Biodiversidade, segue con atención os pasos indicados neste apartado. A inscrición para os cursos realizarase a través do número de teléfono 981 582 836 ou ben cumplimentando o formulario de inscrición (PINCHA AQUÍ PARA CUMPLIMENTAR O FORMULARIO), previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso. A inscrición nos mesmos será por estrita orde de ingreso bancario. O prazo de inscrición finaliza o xoves 8 de outubro de 2009. As persoas que desexen facer unha inscrición logo desta data deberán porse en contacto coa organización no número de teléfono 981 582 836 ou a través do correo electrónico galicia@coperactiva.org 1.- Unha vez seleccionados o/os curso/s nos que se desexa participar, ingresar o 100 % do importe total do/s curso/s solicitado/s no número de conta de Caixanova 2080 0540 45 0040001988 ata ou 8 de outubro de 2009, indicando o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante. 2.- Enviar por fax ao número 981 575 699 ou ben escanear e mandar ó enderezo electrónico galicia@coperactiva.org o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante. 3.- Porse en contacto coa organización de Formaterra no número de teléfono 981 582 836, solicitando cubrir a ficha de inscrición nos cursos. 4. O venres 9 de outubro faranse públicas, a través de http://www.terractiva.org as listas de persoas admitidas en cada curso, así como, de habelas, as prazas libres en cada un deles. No caso de que se exceda o número máximo de alumn@s nalgún dos cursos, alumn@ entrará directamente en lista de espera. Se finalmente non puidese entrar no curso a organización do festival porase en contacto ca/s persoa/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado. INFORMACIÓN DE INTERESE: DEVOLUCIÓN DO DINEIRO INGRESADO Aquelas persoas que, unha vez feito o ingreso, queiran darse de baixa, deberán comunicalo á organización no número de teléfono 981 582 836 para que lles sexa devolto o importe ingresado. Só se devolverá o importe no caso de que a praza sexa cuberta por outra persoa ou se acrediten causas de forza maior. * Recoméndase a todas as persoas participantes nestes cursos vestir roupa e calzado cómodo. * Os medios de comunicación poderán ter acceso controlado aos cursos. * Por respecto o/a mestre/a e ao resto do alumnado, é imprescindible puntualidade desde a primeira sesión do curso. De chegar con atraso, a organización non garante o acceso ao curso. * Informarase a través da páxina web do festival, http://www.terractiva.org, dos espazos onde se realizarán os cursos. * Os/as alumnos/as deberán traer os xustificantes de ingreso no inicio do curso. * As persoas participantes nalgún destes cursos recibirán un diploma de asistencia aos mesmos acreditado polo Festival das Artes pola Biodiversidade e o Concello de Arzúa. * A idade mínima para participar nos cursos é de 16 anos.
INFORMACIÓN SOBRE ALOXAMENTO EN ARZÚA
PARA COÑECER QUE OPCIÓNS DE ALOXAMENTO TE PROPÓN O CONCELLO DE ARZÚA PINCHA AQUÍ | ![]() |
|||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||