![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
Exposicións Medioambientais
Diversas exposicións a través das cales coñeceremos a actual situación do medio ambiente, aprendendo a valorar a súa riqueza e singularidade e concienciando aos asistentes sobre a importancia da biodiversidade, a conservación do noso entorno e os efectos do cambio climático. Horario: Sábado 17 de outubro de 11.00 a 14.30 h e de 17.00 a 21.30 h e domingo 18 de outubro de 11.00 a 14.30 h e de 17.00 a 21.00 h. *VARIOS ESPAZOS DO RECINTO FEIRAL DE ARZÚA. “25 ANOS DE MEDIO AMBIENTE CON XAQUÍN MARÍN” ADEGA- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza A exposición aborda os principais temas ambientais galegos, empregando como material gráfico obras de Xaquín Marín acompañadas de textos, fotos, gráficos e esquemas, co fin de amosar a problemática do entorno natural de Galiza dende a ollada xenial de Xaquín Marín. “ANTIGOS SOÑOS DE MULLERES KICHWAS - KALLARY MUSCUY WARMI WUANKURISHKA” Paz e Desenvolvemento Galicia ONGD A exposición mostra diferentes aspectos da vida diaria das mulleres e nenas kichwa asentadas na Amazonia ecuatoriana a partir das fotos de Luis Vera. A través dos ollos das verdadeiras protagonistas pretende dar a coñecer o proceso de empoderamento da muller indíxena kichwa nos ámbitos da sáude intercultural, educación intercultural bilingüe, así como creación e xestión de recursos a través de alternativas económicas sustentables, mediante o fomento das capacidades locais e a recuperación das prácticas e tradicións ancestrais. “PEGADA ECOLÓXICA GALEGA” SGEA, Sociedade Galega de Educación Ambiental A pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que nos permite analizar as relacións entre a capacidade de produción do planeta e a demanda dos recursos polo ser humano. O valor da pegada ecolóxica galega ascende a máis de 6 hectáreas per cápita, polo que precisaríamos unha extensión case seis veces superior a Galicia para ser autosuficientes ou sustentables. | ![]() |
|||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||