![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
Compartindo a palabra
Expertas, expertos, profesionais e, en definitiva, persoas vinculadas coa ecoloxía, o medio ambiente e a saúde dan conta neste espazo da súa experiencia á hora de estar no mundo. Durante as ditas conferencias, a participación do público sempre é ben acollida, de xeito que o debate e intercambio posterior é o obxectivo último da sección.
PROGRAMA CHARLAS
A. “HIDROLINFA” a cargo de Lucía Meizoso Loureiro, Sábado 17, ás 13:30 Lugar: Aula B. Primeiro Andar. Recinto Feiral. Presentación de Hidrolinfa, un tratamento para a saúde mediante o cal se estimula a función bioenerxética do corpo, desintoxica e aporta un benestar físico e emocional. B. “TERAPIA INTEGRAL BIOENERXÉTICA” a cargo de Xurxo Ramos Sábado 17 de outubro, ás 17:30 h Lugar: Aula B, primeiro andar, recinto feiral. Terapia desenvolvida para recuperar radicalmente a saúde. C. “ENERXÍAS LIMPAS. Aplicacións e usos domésticos” a cargo de Manuel Taibo. Socio Colaborador de “O Coto de Taibo, S. Coop. Galega." Data: sábado 17 de outubro ás 18:30 h Lugar: Aula A, primeiro andar, recinto feiral. O uso das enerxías limpas estase a convertir nunha alternativa real, non só na xeración de electricidade ou biocombustibles –a súa aplicación máis coñecida- senón tamén no uso doméstico. Electricidade, calefacción, auga quente sanitaria… son a día de hoxe, perfectamente posibles. As vivendas autosuficientes, é decir, sen suministro exterior de ningún tipo, son xa unha realidade. Farase un repaso polos equipamentos e instalación máis habituais: caldeiras e estufas de biomasa, dispositivos de enerxía solar térmica e fotovoltaica, microxeradores eólicos etc. D. “COMO AFECTAN OS CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS Á SAÚDE. Un sistema de descanso como solución” a cargo de Juan Jiménez (La Cama Azul) Sábado 17 de outubro, ás 20:00 h. Lugar: Aula B, primeiro andar, recinto feiral. A presentación permitiranos coñecer de primeira man La Cama Azul, un innovador produto de descanso, 100% natural e ecolóxico, e capaz de protexernos dos temidos campos electromagnéticos. A través de dita presentación, explicaranse as diversas implicacións que comportan para a saúde os campos electromagnéticos. E. “O MISTERIO DA TERAPIA DA POLARIDADE” a cargo de Andrés Porto Varela, formado en terapia de polaridade co Doutor James H. Feil (Californiano). Domingo 18 de outubro, ás 13:00 h. Lugar: Aula D, primeiro andar, recinto feiral. A terapia de polaridade é un sistema holístico de saúde desenvolvido en USA polo Dr. Stone, que emprega elementos de técnicas curativas de oriente e occidente. Considera que o fluxo é o equilibrio da Enerxía Vital no corpo humano e fundamento básico da saúde. A Terapia de Polaridade evalúa os camiños en que o sistema individual da enerxía foi desequilibrado e busca liberalos a través de catro métodos terapéuticos interrelacionados: traballo corporal, ioga de polaridade, dieta e un proceso psicolóxico. | ![]() |
|||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||