Presentación Seccións
Cursos e obradoiros Datos de Interese


Financia:
Deputación de A Coruña
Promove:
Concello de Arzúa
Xestiona:



Colaboradores:

Redcicla - El portal del reciclaje
Feir@ctiva Sección teatral Demostracións
Altofalante Programación infantil Charlas
Exposicións Cafetería ecolóxica Música
Obradoiros Galería fotográfica

(Pinche na sección para ver o contido)

XOGOS DA TERRA
Xogos en armonía coa natureza.


PARQUE DE XOGOS
Sábado 17 e domingo 18, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
Campo da Feira (fronte ao recinto feiral).


A imaxinación e a diversión chegarán a Terractiva da man da compañía catalana Guixot de 8 que traerá os seus novedosos xoguetes de mil formas, creados todos eles a partir de materiais inservibles, dándolles así unha segunda vida máis longa a través do xogo, que para aquelo polo que foron concebidos.
A través deste espazo todos aqueles que o desexen poderán disfrutar dunha ampla gama de xogos realizados con materiais recuperados que fomentarán a creatividade e a imaxinación dos que se animen a participar. Xogos dinámicos, de inxenio e habilidade, que incidirán especialmente en valores ecolóxicos e educativos co fin de aprender a importancia de coidar a nosa terra e tratala de forma respectuosa.


LUDOTECA
Sábado 17: 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h.
Domingo 18: de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:30 h.
Primeiro andar do recinto feiral de Arzúa.


Durante a fin de semana os máis pequenos poderán disfrutar de diferentes xogos e obradoiros dentro do recinto feiral.
Unha área de xogo pensada para que os nenos podan pasar un bo rato e participar en numerosas actividades que contribuirán a fomentar o desenvolvemento das súas capacidades.

* Todos estes xogos serán amenizados por monitores especializados que animarán e axudarán aos participantes.