![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
Sección denuncia da feira
Esta sección constituirá un punto de encontro e reflexión sobre a situación actual do noso entorno e sobre os problemas medioambientais máis preocupantes que están a dañar o noso planeta: proxeccións e conversas a través dos que se profundizará en distintas problemáticas como o cambio climático ou a destrucción de territorio. Unha achega ás consecuencias da nosa actividade sobre a Terra, así como ás posibles solucións para a recuperación e mellora do noso entorno.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
ROTEIRO: Roteiro polo Alto Ulla (ADEGA-Lugo) Domingo 18. Saída ás 11.00 h do recinto feiral. O roteiro polo entorno de Arzúa, comezará coa visita ao equipamento da “Eira da Xoana” en Ramil (Agolada) e continuará coas visitas ás mámoas e petroglifos do “Monte de Riba”, as “Torrentes de Mácara-Ramil”, o Castelo de Pambre e a zona custodiada das “Brañas do Biduedo”. CHARLAS: “BIOCONSTRUCCIÓN E AFORRO ENERXÉTICO. Alternativas prácticas dende a experiencia do proxecto As Corcerizas” a cargo de Paula Vidal e Romain Denisot. Asociación ecoloxista Amigos da Terra. Sábado 17 de outubro, ás 12:00 h. Lugar: Aula D, primeiro andar do recinto feiral. Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais relacionados co modelo de “desenvolvemento” actual, podemos e debemos identificar e aplicar solucións integrais, que conduzan cara outros paradigmas. O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, mostra algunhas alternativas prácticas para minimizar o noso impacto ambiental e social, podendo incorporalas na nosa toma de decisións imprescindibles para este cambio. “SITUACIÓN ACTUAL DE MASSÓ” A cargo de Foro Social de Cangas e Galiza non se vende Sábado ás 17:30 Lugar: Aula D, primeiro andar do recinto feiral. Punto de encontro para o debate e o intercambio de ideas, de opinións co fin de avaliar o posíble impacto das obras do porto deportivo na actividade pesqueira e marisqueira de Cangas. PRESENTACIÓN DO LIBRO: “a milpa e o paliacate” de manolo pipas Domingo 18 ás 17:30 Lugar: AULA D. Primeiro Andar. Recinto feiral Presentación do libro "a milpa e o paliacate. nos camiños do outro mexico" o último poemario de Manolo Pipas, sobre as comunidades indíxenas e a súa resistencia. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: “Mashi Trasi que Trasi” Documental de Pallasos en Rebeldía, Palestina 2009. Domingo 18 de Outubro ás 12:30 Lugar: Aula A. Primeiro andar. Recinto feiral. Unha caravana de Pallasos galegos vai a Palestina coa misión de derribar o Muro da vergoña coa única forza da Risa. Risa que traen agochada nos talleres de Risoterapia, clown e actuacións para nenos e nenas. Durante 15 días un sinfín de emocións rodearán esta expedición, as historias que recollen e os soños que ese pobo sometido confesa aos Pallasos. VIDEOINSTALACIÓN: Lugar: Recinto Feiral de Arzúa Días: sábado 18 e domingo 19 de outubro Horario: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h. Aula C. Primeiro andar Recinto Feiral Mediante a videoinstalación o público poderá acceder á proxección continua durante todo o festival de numerosos documentais de temática medioambental, galegos e de fóra de Galicia. A proxección de ditos documentais será libre, podendo cada persoa poder visionar aquel documental que desexe, e estará dispoñibles durante os dous días que se celebre a Feira no horario no que este aberta as instalacións. Boa parte destes documentos foron cedidos polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). | ![]() |
|||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||