![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
Promovendo a ecoloxía a través do teatro
O poder transformador do teatro contribuirá a fomentar a ecoloxía e o respecto pola natureza. Representacións teatrais que concienciarán de forma directa, orixinal, e educativa sobre a importancia de coidar o medio ambiente, promovendo así unha nova cultura e un cambio de actitude de cara ó noso entorno.
PROGRAMACIÓN TEATRAL
Malapécora Grupo Teatral, presenta: “A Parábola da Rá” Sábado 17 ás 19:30 Espazo central, pranta baixa do recinto feiral. Duración: 60 min. Xénero: comedia Idioma: galego Para todos os públicos (especialmente recomendado para público infantil) “A Parábola da Rá” é un espectáculo cómico sobre o cambio climático, onde as dúas actrices analizan a modo de documental en clave de humor, diversos problemas do planeta terra derivados do quencemento global: morren os osos polares, sube o nivel do mar e “os vixilantes da praia” quedan sen curro. Malapécora é un grupo teatral de recente creación, constituído por Celia González e Lorena Montero, actrices formadas na Escola de Teatro de Narón (A Coruña). Durante os cinco anos de permanencia na Escola, recibiron formación en diferentes ámbitos: Interpretación, Montaxe, Teatro Físico, Creatividade dramática, Danza, Música e Canto, Voz, Teoría e Historia do teatro e Materias da posta en escea. Teatro Tradicional de Títeres de Chile, presenta: “El Caballo Hablador” Domingo 18, ás 13:30 Espazo central, pranta baixa do recinto feiral. Duración: 50 min. Xénero: monicreques. Idioma: español Para todos os públicos (especialmente recomendado para público infantil) “El Caballo Hablador” é un espectáculo de monicreques para todos os públicos baseado nas xeniais narracións de Álvaro Cunqueiro no seu libro Os Outros Feriantes nunha adaptación libre do titiriteiro chileno Jaime Morán. Esta veterana compañía chilena de monicreques leva máis de 30 anos levando por todo o mundo os seus espectáculos, basados nos contos latinoamericanos de tradición oral, cunha combinación exquisita de interpretación e manipulación, e empregando diversos tipos de bonecos, dende o tradicional títere de guante a bonecos xigantes. RECREACIÓN DA MALLA A cargo do grupo teatral Volta e Dalle e a Asociación Anxo Casal de Arzúa. Domingo 18 de outubro ás 13:00 Campo da feira fronte ao recinto feiral. O grupo teatral Volta E Dalle Teatro, realizará unha recreación da malla, a través da que os visitantes poderán rememorar esta tradición propia de Galiza, contemplando as distintas formas nas que antes se desgranaba o trigo. Volta e Dalle Teatro, presenta: “PAN. Catro propostas arredor da malla” Domingo 18 de outubro, ás 21:00 Espazo central, pranta baixa do recinto feiral. Duración: 105 min. Aprox. Xénero: musical Idioma: galego NR menores de 13 anos. No remate do verán, os veciños e veciñas das aldeas galegas xuntábanse para separar o grao da palla na eira comunitaria. Era o labor, e ao mesmo tempo a festa da malla. En “PAN”, catro historias fiadas a través da danza e da música ao vivo, abordarán un tema universal: as mutacións sociais e culturais que conleva a desaparición da economía tradicional agraria. Mais o resultado non é unha recreación folclórica e nostálxica de tempos idos, senón un espectáculo do máis novidoso e orixinal. Fundada hai case dez anos por Pepe Penabade, o principal obxectivo de Volta e Dalle Teatro é a creación e distribución de espectáculos teatrais que tomen como referente primordial a cultura galega no seu senso máis amplo, é dicir, entendendo como tal todas as manifestacións expresivas, artísticas, económicas ou políticas do pobo galego ao longo da súa historia. | ![]() |
|||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||