Financia:
Deputación de A Coruña
Promove:
Concello de Arzúa
Xestiona:



Colaboradores

INEGA

CEIDA

XUNTA DE GALICIA



Sección en preparación, desculpen as molestias

(Pinche na sección para ver o contido)

Exposicións
- A Través das Enerxías

- Exposición de Mail-Art: Identidades nun Mundo Globalizado

- Prestige: Crónica dun Modelo Enerxético Insostible

- Un Mundo de Auga

- Loita bFronte o Cambio Climático: Enerxías Renovables XA!”

- Campaña Internacional “Fai o Camiño con Nós Fronte o Cambio Climático” (Pave The Way)

- Amigos da Terra e a cooperACCIÓN

- Exposición Fotográfica sobre o Prestige


A TRAVÉS DAS ENERXÍAS (do Instituto Enerxético de Galicia, INEGA)

Esta exposición creada polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) é un espazo didáctico e participativo onde os visitantes sométense a tódolos aspectos relacionados coa enerxía.

Os obxectivos principais desta exposición son:

. Mellora-la comprensión sobre a importancia dos recursos enerxéticos.
. Fomenta-la necesidade de incrementa-la participación das fontes renovables no escenario da xeración enerxética.
. Profundizar nos factores económicos e ambientais derivados do consumo.

O público do festival Terr@ctiva terá a súa disposición preto de 200 metros cuadarados de paneis explicativos e xogos dinámicos onde poderá adquirir coñecementos básicos sobre as diferentes fontes de enerxía, así como sobre A súa transformación e o seu consumo.

No pasado ano 2004 visitaron esta exposición in situ ao redor de 30.000 persoas, na súa maioría alumnos dos centros educativos e tamén participou en diversas Mostras, Feiras e Exposicións, a maioría das veces en tempo de vacacións escolares.

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ten entre os seus obxectivos fundamentais acadar que na sociedade galega exista un coñecemento do contexto enerxético actual, así como divulgar a importancia fundamental da utilización eficiente da enerxía, e co fin de revelar as súas diferentes posibilidades xorde a presente exposición.

Este espazo lúdico, didáctico e participativo permitiralles ós visitantes somerxerse en boa parte dos aspectos relacionados coa enerxía, que é un elemento clave e indispensábel no desenvolvemento do planeta e da nosa vida cotiá.


- Exposición de Mail-Art: IDENTIDADES NUN MUNDO GLOBALIZADO (da Asociación polos dereitos humanos, Gong, de Pineda del Mar)

Os pobos sen estado, as pequenas comunidades, as tribus, os indíxenas –pageses – campesiños - paisanos do mundo están en peligro de extinción.
Cada ano que pasa quedan menos culturas tradicionais, ascentrales. E cada día que pasa estamos máis globalizados e Aculturizados.
A mostra-Exposición é a visión, o sentir, o como perciben este proceso creadores de diversas partes do planeta Terra.

Máis de 50 obras de artistas Visuais de 4 continentes,
Estado español: Madrid, Badajoz, Lleida, Castellón, Vigo, Barcelona, Alcoi
Europa: Francia, Italia, Inglaterra, Bélxica, Alemaña, Republica Checa, Holanda, Macedonia,
América del Sur: Uruguay, Argentina, Brasil, Chile,
América del Norte: Estados Unidos, Canadá,
Asia: Xapón,

Algúns dos poetas visuais e colectivos artísticos máis activos e recoñecidos
Antonio Gómez; Emilio Morando, Biblioteca Gullbiana, Walter Pennachi, Antonio Aparicio, Tartarugo, Grabiela Ciampini, Ryosuke Cohen, Dada Kan, Antonio Miro, orlando Nelson Pacheco,Clemente Padin, Roberto Scala,…

As convocatorias de MailArt son totalmente ABERTAS e libres, pode participar quen queira. Son convocatorias horizontais e democráticas, sen xurado-censor- seleccionador. Todos os traballos recibidos son mostrados. Todos os participantes participan da exposición, o que fai e otorga ás diferentes convocatorias un carácter social e plural que poucas actividades, artístico-Cultural, teñen.

Esta convocatoria foi realizada pola entidade “Gong, pola defensa dos dereitos humanos” de Pineda de Mar, Bcn.


PRESTIGE: CRÓNICA NEGRA DUN MODELO ENERXÉTICO INSOSTIBLE (do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, CEIDA)

A catástrofe ambiental do petroleiro Prestige, o 19 de Novembro do 2002 tinxiu de negro 2.900 km de costa de varios países. O seu impacto no medio natural e socioeconómico foi evidente, afectando a máis de 250.000 aves e obrigando a cesar na súa actividade pesqueira a máis de 30.000 persoas.
Este tráxico suceso conmocionou á sociedade que reaccionou con valores como a solidariedade, a participación e a creatividade. Os voluntarios, os mariñeiros e a plataforma Nunca Máis entre outros, foron os protagonistas que traballaron para restablecer a normalidade.
Esta exposición organizada polo CEIDA e a Fundación Territori e Paisatge trata de divulgar todo o que pasou por aquelas datas, axudando a descubrir o que debemos aprender todos para que estes feitos non se volvan a repetir.

Pasaron máis de dous anos desde a traxedia. A exposición pretende dar a coñecer as consecuencias reais do vertido de fuel do Prestige para reflexionar sobre os problemas ambientais que provoca o noso consumo de enerxía. Ademais quere estimular como fin último que os visitantes podan participar para propor novos comportamentos comprometidos que vaian cara un modelo enerxético máis
sostible ambientalmente.

A través dunha analoxía entre a “última viaxe do Prestige” e o modelo enerxético actual, a exposición aborda a catástrofe ambiental carrexada por este petroleiro e, ao mesmo tempo, fai unha reflexión máis global sobre o modelo enerxético qe impera na nosa sociedade.


- UN MUNDO DE AUGA (da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento sostible achega a través dos once paneis que conforman esta exposición unha ferramenta de divulgación educativa ó nos permitir adentrármonos no coñecemento da auga e das relacións que as persoas mantivemos con ela ó longo da historia.

A auga como vida, a auga como fonte de vida, a auga como recurso... a través de distintas perspectivas a exposición recolle a relación entre a humanidade e a auga e os problemas que arredor da auga existen actualmente e as súas posibles solucións. Remata, a modo de conclusión, cunha serie de consellos para un consumo consciente e responsable deste recurso.

Loita fronte o cambio climático: enerxías renovables XA!” (do Centro iris e Amigos da Terra)

Esta exposición realizada por Didier, voluntario europeo de Amigos da Terra, por motivo do seu proxecto do Capital Futuro (Acción 3 do Programa Xuventude da Unión Europea), consta de varios paneis que mostran a importancia das enerxías renovables. Como exemplo de coherencia tamén se mostra o Albergue e Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, un espazo alternativo de bioconstrucción e enerxías renovables, xestionado pola asociación Amigos da Terra.


Campaña Internacional “Fai o camiño con nós fronte o cambio climático” (Pave the way)(do Centro Iris e Amigos da Terra)

Campaña “Fai o camiño con nós” (Pave the way) é unha campaña a nivel internacional coordinada por Friend of the Earth Internacional. Desde Agosto a Outubro de 2005, recolléronse miles de mensaxes de cidadáns europeos, esixindo a nova e verdadeira acción de líderes mundiais para conter as emisións de gases invernadoiro no futuro. Coas mensaxes recollidas farase un pavimentado na entrada da XI Conferencia sobre Cambio Climático das Nacións Unidas que se celebrará en Montreal (Canadá) os días 28 de Novembro ata o 8 de Decembro. Os políticos non poderán evitar as mensaxes mentras negocian co futuro do planeta.


Amigos da Terra e a cooperACCIÓN(do Centro Iris e Amigos da Terra)

Por medio de varios paneis, Amigos da Terra pretende mostrar a importancia da cooperación cun enfoque ambiental para unha boa xestión dos recursos naturais, co obxetivo de acadar sociedades sustentables. Asimesmo expoñemos cal é a política de Amigos da Terra neste eido e a través do comercio xusto mostramos unha alternativa ao consumo actual.


EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE O PRESTIGE

Un mes de un ano que mais valdría non esquecer, moitos de nós fumos á costa a axudar coas nosas mans a quitar unha capa negra e pegaxosa que se extendía por todo-lo litoral Galego.

E alí nos fomos atopando, coas nosas camaras e as nosas ganas de compartir a ollada e gardar na memoria a catástrofe ecolóxica, económica, e moral que estaba a sufrir Galicia.

Os/as Autores:

- Ana García. Fotoperiodista, traballa habitualmente para "La voz de Galicia" na edición de Bergantiños. Algunha das súas imaxes están na retina de todos.

- Federico García Cabezón. Fotógrafo, Federico coas súas imaxes en branco e negro, aporta a visión mais artística coas súas composicións casi surreais.

- Jorge García. Deseñador Gráfico e ilustrador, andaba pola enseada do Simprón en Lira, cando chegou a 2º marea, rescatou a camara do fuel e nos achegou as súas fotos.

- Luis Soto. Músico, de voluntario deixou mostra da súa actividade e tamén as fotos de Carnota e O Grove.

- Sanja Jelaca. Voluntaria, veu dende Madrid a botar unha man, e repetiu experiencia deixándonos algunhas das súas mellores fotos de Muxía.

- Manuel Suárez. Voluntario, traballa na xestión e deseño de sitios web, tamén traballou arreo en Carnota naquel nadal.

- Pj. Voluntario, da Coruña, recollendo fuel pola zona de Bergantiños, e parando de cando en vez a facer unha foto.

- Manuel Romero. Biólogo, se atopaba censando nutrias cando aconteceu a catástrofe, as súas imaxes nos achegan á traxedia dos mais desfavorecidos, as especies animais das nosas costas.