Financia:
|
Promove:
|
Xestiona:
|
|
|
 |
Sección en preparación, desculpen as molestias
(Pinche na sección para ver o contido)
Galeuzca. CONCERTO CONTRA O LUME
DATA: Sábado 15 de outubro.
HORA: a partir das 22:00 horas.
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO
O Galeuzca é un festival de claro compromiso cos tendencias musicais representativas de Galiza, Euzcadi e Catalunya. Kepa Junkera, A Matraca Perversa e Grallers del Palomar. Galeuzca recolle con esta proposta boa parte da riqueza cultural da península para transmitir un valor imprescindible para o futuro a humanidade: a defensa da diversidade. Diversidade cultural, artística e lingüística da que darán mostra os artistas e grupos invitados ao escenario do Recinto Feiral de Arzúa.
O Galeuzca servirá nesta edición de alegato contra a queima dos nosos montes. A música converterase así nun recurso de denuncia contra o mal que asulaga o noso país e de promoción, baixo o berro Lumes Nunca Máis, dunha conciencia ecolóxica e crítica, que esixa unha nova política agroforestal e de loita contra os lumes.
KEPA JUNKERA (EUZCADI)
 Este artista de renome internacional comezou bebendo das fontes tradicionais, se ben, ao longo da súa travesía musical apostou pola pluralidade, con referencias a múltiples culturas e sons fusionados cunha sensibilidade propia de marcada tradición folk. Amosa unha desbordante inquietude por atopar novos roteiros para a música popular e defende que a música con raíces debe ser acorde co seu tempo para estar auténticamente viva. O músico bilbaino combina os sons de instrumentos ancestrais da súa terra como a trikitixa, a txalaparta ou a alboka con outros máis coñecidos como o baixo ou a batería.... A esta variedade de matices, engádelle, a franqueza, a xenialidade, a versatilidade e a paixón coa que interpreta a música, todas elas cualidades que o levaron a ser considerado como un dos mellores directos a nivel mundial.
12 álbums, 7 singles, varias producciones e innumerables colaboraciones con músicos de todo o mundo é, ata hoxe, o legado deste gran músico.
Na súa actuación, ofreceranos un repaso polos mellores temas da súa carreira, recopilados no seu últimos traballo, "k" (2004), polo que o artista obtivo o Latin Grammy Award ao mellor álbum folk.
Sobre o esceario, Kepa Junkera e a súa trikitixa estarán acompañados por:
Igor Otxoa (Txalaparta)
Harkaitz Martinez (Txalaparta)
Kepa Calvo (Batería)
Dani Tomas (Guitarra)
Kike Mora (Baixo)
Iñaki Plaza (Percusión)
A MATRACA PERVERSA (GALICIA)
A Matraca Perversa é parte dun Colectivo de músicos e artistas que dende o 2002 están a traballar en diferentes proxectos artísticos. O grupo Matraca Perversa é a punta de iceberg deste colectivo, o grupo musical que está levando por toda Galicia a súa proposta, deixando un grande pouso de boa música e compromiso alá por onde pasan.
Tras o éxito obtido co seu primeiro traballo, Mass Circus Media (2003), veñen de editar neste ano 2005 Evolucionari@s , traballo no que o grupo volve a demostrar a súa creatividade e a súa evolución artística, ao tempo que logra incluir nel a destacados persoeiros da música en Galicia, como son Ugia Pedreira (Chouteira, Marful...), Manolo Maseda (Os Diplomáticos), Xurxo Souto, etc logrando achegar ainda máis a súa música á xente que van atopando aló por onde pasan.
GRALLERS DEL PALOMAR (CATALUNYA)
Grallers del Palomar naceu no 2004 no barrio barcelonés de Sant Andreu del Palomar como a formación tradicional catalá de tres grelles e un timbal, á que posteriormente se incorporou un cuarto graller, tod@s el@s formados dende fai anos con renomeados mestres en escolas de música tradicional.
Na súa curta travesía, o grupo participou en diversas manifestacións da cultura popular catalana, realizando pasarrúas, acompañando falcons, figuras de protocolo, cabezudos, colles de xigantes, entre as que destaca o acompañamento dos Gegants da Ciutat de Barcelona.
No 2005 foi convidado a participar na 12ª edición do Dia do Graller, unha das convocatorias máis importantes de grupos de grallers de Catalunya, así como na celebrfación do XV aniversario do grupo Ganxets, Grallersdel Baix Cxamp, unha das formacións de gralles máis reputadas en activo.
No ámbito dos concertos, destaca a participación do grupo no Monográfico de gralla que se realiza no marco do festival Tradicionàrius de Gràcia e, a súa próxima actuación na presente edición do Galeuzca, dentro do Festival das artes pola Biodiversidade, Terr@ctiva.
|  |