Financia:
Deputación de A Coruña
Promove:
Concello de Arzúa
Xestiona:





Sección en preparación, desculpen as molestias

(Pinche na sección para ver o contido)

Feir@ctiva
FEIRACTIVA

A Feira Ecolóxica consistirá nunha feira activa e dinámica na que diversos expositores amosarán, exporán e venderán os seus produtos, ideas, proxectos, descubrimentos... No mercado verde reuniranse produtores biolóxicos, produtores ecolóxicos, artesáns, centros de mediciñas alternativas, colectivos sociais...

A Feira permanecerá aberta durante o sábado 15 e domingo 16 de outubro en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30 horas.

A feira ecolóxica celebrarase no Recinto Feiral sito na Rúa Padre Pardo s/n, instalacións municipais cubertas divididas por stands.

A.- MERCADO VERDE

ExpositorDescriciónDatos de contacto
PRODUTOS ECOLÓXICOS
FLEUR ALOEFleur Áloe é unha empresa de produtos naturais de Aloe Vera. A base principal de todos os produtos é o Aloe Vera Barbadensis.R/San Vicente No.60-1ª Dta.15007 A Coruña. 619 61 07 72
MARÍA MARINA LOURIDO RODRÍGUEZElaboración de licores con receitas tradicionais e produtos naturais, presentados en botellas decoradas a man.Rúa do Ribeiro, 31, 3ºD 32400 Ribadavia. 696 72 17 57
MILHULLOA, soc. Cooperativa galegaProdutores de plantas medicinais e aromáticas; plantas de viveiro e sementes. Froitas e hortalizas deshidratadas. Aceites aromatizados e sales de baño.Coto nº1 27204 Palas de Rei, Lugo. 620 78 36 82
PINTOR DE QUINS S. L.Representante das pinturas ecolóxicas Biofa. Asesoramento, aplicación e distribución de pinturas e vernices ecolóxicos. Experiencia desde 1988.Ctra. Nacional 120 nº77, 32411 Quins Melón Ourense 988 48 10 14
OS CAMPIÑOSDedícase á produción de ovos caseiros, mediante a explotación de galiñas especialmente adaptadas ao medio natural e capacitadas para producir este tipo de ovos. Tamén traballan a produción de polos de curral.Piñeiro, Cardeiro, Boimorto, 15818 A Coruña. (Ignacio) 620 98 10 85/ 680 98 65 17
GAECO ALIMENTACIÓN Grazas ao traballo de auténticos artesáns panadeiros, producimos un pan ecolóxico onde destacan tanto a calidade dos produtos como o proceso de elaboraciónR/ Doutor Fleming 12, 27270 Rábade, Lugo. (Lois) 636 24 83 69
ALIMENTACION NUEVO MILENIOEmpresa especializada na distribución e comercialización de produtos ecolóxicos.c/ General Pardiñas 6, 2ºC 15701 Santiago de Compostela. 669 07 96 03
DE LA MADRE TIERRAZumo de aceituna 100% natural, máxima calidade e mínima acidez. Aceituna de oliva extra.Avda. dos caídos 14, 3ºD 15009 A Coruña. 667 72 90 21
CRIADORES DE GALIÑA DE MOS- VAL DO DUBRA Desde tempos inmemoriais, a raza Galiña de Mos, foi famosa pola súa calidade. Hoxe desfrutamos de novo da súa beleza, sabor dos seus produtos e carnes baixas en grasa.Rúa Arcai 122- 2º C 15873 Bembrive- Val do Dubra. 670 49 14 82
ECO TENDA TERRA VIVATenda que oferta directamente productos da cooperativa de agricultura ecóloxica, Horta do Condado, na súa maioría verduras e hortalizas de tempada coa garantía de estar libres de tratamentos químicos. Artigos a granel,productos envasados e procesados de todo tipo e artigos de COMERCIO XUSTO.Rúa Arxentina 4, 36860 Ponteareas, Pontevedra. 625 42 99 77.
ECO CELTAHumus de lombriz e compostaxe (estiércol fermentado). Abonos orgánicos empregados especialmente para agricultura ecolóxica e viticulturaLugar de Pontacons, Pías 36895 Ponteareas (KM. 1- PO253)
ANXOS XABÓNS NATURAIS – EIRA CERÁMICA ARTESANALXabóns naturais feitos dun xeito artesanal con aceites vexetais (oliva, coco, et), herbas mediciñais e aromáticas (hortigas, caléndula, romeu, avea, lavanda...) A Coruña. 636 35 70 89
DIEGO DE LEMOS Viño tinto e branco ecolóxico. Pincelo, Sariña, Chantada, Lugo. 982 17 16 66
MEL DE SAN COSME4 clases de mel: mel do bosque ,mel de eucalipto, mel de silva e mel de castaño .Polen de primaveira e de outono. Variantes de cosméticos elaborados con Jalea Real e licor café feito con mel. Rúa Don Marcial No.2-Priegue Nigrán, Pontevedra. 986 36 72 54
OBRABIO Construcción con criterios ecolóxicos traballando con materiais que non dañan ao medioambiente nin as persoas que habitan ditas construccións. / As Laxes 24, 27891 Sargadelos, Lugo. 653 896 111
ARQUEIXAL Queixos e iogures ecolóxicos elaborados artesanalmente a partir de leite enteiro de vacas que pacen en liberdade nas pradeiras da comarca da Ulloa. Albá – Palas de Rei 27207 Lugo. 982 38 02 51
FARCHO- CALEFACCIÓN INTELIXENTE Sistema único de calefacción, non precisa caldera nin obras de instalación tendo un nivel 0 de contaminación.Non altera nin resace o medioambiente,non produce gases nin humos ,non emite residuos.
Pol.Industrial Tabaza, Parcela E7-33 469 Tabaza (Asturias). 619 45 01 14
RECUBRIMIENTOS ECOLÓGICOS Gama amplia de productos de limpeza capaces de aportar o máximo rendimento minimizando a agresión ao medio ambiente.
91 89 55 856 / Pol.Industrial Albresa C/Madrid 13-Nave 7 28340 Valdemoro (Madrid)
PRODUCTOS DAS FEIRAS DO 8 E 22 EN ARZÚA 981 50 00 00
TERAPIAS ALTERNATIVAS
HERBORISTERÍA ALMAPodoloxía, produtos de herbodietética e parafarmacia. Enfermería, fisioterapia, dietética, estética,..San Rosendo No.11-Baixo 15007 A Coruña. María Dolores Martínez Rodríguez 667 40 45 80/ 981 24 75 65
LA CASA DE LA SALUDMasaxes e naturopatía, produtos de herbodietética e parafarmacia. Enfermería, fisioterapia, dietética, estética,...C/ Alfonso X El Sabio No.12, 24400 Ponferrada – León. Miguel Villanueva Casado 987 41 68 49
HERBORISTERÍA GEA Plantas medicinais e complementos dietéticos. Alimentación ecolóxica e cosméticos naturais.Rúa Ramón Franco 11, Arzúa. 981 50 03 67
BIENESTAR- ALOE VERA Centro de estética: Curso de auto maquillaxe. Venta directa de cosmética natural áloe verá. Produtos a destacar: Brisa Polar. Varices e pernas cansadas.Rúa Entrepeñas 9- Baixo, 15010 A Coruña. 981 23 06 69
ECO TIENDA ACUARIOlibros d saúde, velas, inciensos, censiu, minerais, flores de bach., música de relaxación.Rúa Pasadizo de Peñas 3- Baixo. 15003 A Coruña. 627 31 04 71
ARTESANÍA
LIROLAI artesanía tradicional de Galicia e artesanías do Mundo.Galerías Cruz- Armaña. Lugo. 982 22 14 55
TALLER SUR ARTESANÍATraballos en metal, alpaca, bronce, cobre e acero mediante gravado ao ácido, soldadura, cincelado, martelado, calado e repujado.Calzada de las Gándaras 3, 7º B. 27003 Lugo.
DJEMBA ARTESANÍA AFRICANAArtesanía Africana.Rúa Casimiro Gómez 21, 2º D 36 002 Pontevedra. 610 90 53 08
SOMBRARTE.COM Traballos de talla en madeira, repuxado e troquelado en coiro realizando diferentes pezas coa colaboración dos asistentes, axudando a comprender un pouco máis o feito artesanal.Sombreo 20- Baixo, 15630 A Coruña. 981 78 45 12.
ECO TENDA ROSI TORRADOVenda de roupa, liño, herboristería, alimentación natural,...R/ Real 36 36002 Pontevedra 986 84 10 59
TALLER A LAXEPedreira 23, Calo 15886 Teo A Coruña 981 54 84 64Figuras, gravados e bisutería en madeira e pizarra, todo tallado a man.
TRICOTRI- TRICOTRA Artesanía en prata e ganchillo Rúa Camiño de aguiña 12- Baixo 36216 Teis, Vigo. 670 43 18 39
BELEN ANEIROS- CANDEAS ARTESÁNS Paneis de avella en cores, candeas de mel, candeasdecoradas. Elaboración de papel reciclado e creación de libretas e marcapáxinas.Estrada de Castelao 21- Baixo. Narón, A Coruña
ARTESANÍA BAUTIStravesía Vista Alegre 19, Santiago de Compostela. 981 57 33 85
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS BASILIO CARRIL 661 76 69 27
SINESIA VILLAR TORREIRO Traballos feitos con frores e follas secas: cuadros , bandexas.Rúa de Lugo 26, 15810 Arzúa (A Coruña). 981 50 03 56
COLECTIVOS SOCIAIS
PLATAFORMA SOCIAL POLA DEFENSA DO ALTO ULLAHerdamos un gran río... temos nel un valiosos recurso natural capaz tamén de xerar importantes recursos económicos. Non é de xustiza que nós e as nosas institucións permitamos a súa destrución.616 62 73 18 / 670 52 36 88/ 646 84 55 71
A COVA DOS RATOSA Cova dos Ratos é un centro social autoxestionado baseado nun funcionamento asembleario e que fomenta a autoxestión, o consumo consciente, os movementos sociais, a participación, a cultura, a información transparente...Rúa Romil No.3-Baixo Vigo (Galicia) / 986 49 33 81 www.sindominio.net/caleidoskopio
AMIGOS DA TERRAAmigos da Terra é un organización ecoloxista galega que forma parte dunha das redes ecoloxistas de maior implantación no mundo. En Galicia mantén presenza continuada dende 1996. As súas principais áreas de traballo están encamiñadas a enderezar a sociedade cara a un Desenvolvemento Sostible e de loita contra as problemáticas ambientais do cambio climático, a destrución forestal, o perigo dos transxénicos e os residuos domésticos.Rúa Curros Enríquez 19, 1º int. 32003 Ourense. 988 37 43 18 www.centroiris.org
A COVA DA TERRA A Cova da Terra é unha asociación de cooperación ó desenvolvemento centrada especialmente na promoción e sensibilización sobre comercio xusto e consumo responsable
ADEGAA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medioambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrución ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países. ADEGA leva máis de 25 anos erguendo a súa voz en defensa do ambiente do que depende a calidade de vida dos galegos e galegas.www.adegagaliza.org
VECIÑOS/AS DAS PARROQUIAS DE OBRA E BRANDARIZ Os veciños e veciñas das parroquias de Obra e Brandaríz (Vila de Cruces -Pontevedra) non queremos desaparecer por producir electricidade. Porque o río é a nosa vida e a natureza a nosa riqueza.. Rúa Raxoeira 7, 2ª A. Milladoiro (Ames-A Coruña). 654 456 025
















B.- CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA EXPOSITORES

ACTIVIDADE : FEIRA DE ARTESANÍA , PRODUTOS ECOLÓXICOS , TERAPIAS ALTERNATIVAS e COLECTIVOS SOCIAIS

DATAS : 15 -16 de outubro de 2005

ESPAZO : Recinto Feiral de Arzúa (A Coruña)

INFORMACIÓN XERAL :
Terr@ctiva será un festival ecolóxico con múltiples actividades educativas, lúdicas, festivas, teatrais, etc. no que unha parte primordial será a Feira Ecolóxica "Feir@ctiva" . Nesta feira pretendemos que haxa expositores de todo tipo dentro destas categorías e moitas outras: agriculltura, produtores e produtos ecolóxicos, comercio e establecementos ecolóxicos, bioconstrución, menciñas alternativas e terapias naturais, ecoturismo, ocio ecolóxico, etc.

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS :
Dita participación consistirá na posibilidade de exposición e comercialización de produtos ecolóxicos, biolóxicos, de artesanía, terapias alternativas ou produtos aceptados pola organización da FEIRA DE ARTESANÍA , PRODUTOS ECOLÓXICOS , TERAPIAS ALTERNATIVAS e COLECTIVOS SOCIAIS.

O Expositor, unha vez pechado o prazo de inscrición e selección, terá que abonar a cantidade de 50 € como reserva do stan, cantidade que será devolta tras garantir a súa asistencia, unha vez iniciada a Feira. Esta fianza terá que ser ingresada no seguinte número de conta bancaria “Caixa Nova”: 2080/0480/13/0040111416 (indicar nome da persoa / entidade que fai o ingreso e enviar copia da transferencia ao seguinte número de fax: 981.57.56.99). A renuncia do expositor á súa participación é motivo de perda da cantidade adiantada a non ser que este espazo sexa cuberto por outro expositor.

Os horarios aproximados marcados pola Organización para a Feira serán os seguintes : de 11.00 a 14.30 e de 17.30 a 21.30. O Expositor terá que respectar estes horarios. A organización pode, en caso contrario, tomar accións contra estes expositores.

Aquelas entidades que ademais de poñer un stand poidan ofrecer algún tipo de actividade (degustacións, obradoiros, charlas, etc) terán moi boa acollida e deberán informar no momento de confirmar a participación á Organización de dito Festival, así como indicar as necesidades técnicas que poida precisar: potencia de corrente, son ambiente....

A Organización encargarase do servizo de vixiancia e Seguridade no Recinto da Feira, e non se fará responsable de calquera dano, desaparición ou roubo no material exposto, son de total responsabilidade do Expositor os danos sufridos nas instalacións e mercadorías expostas.
Ademais o Expositor será responsable de todos os danos ocasionados aos Stans, alugados pola Organización da MOSTRA, stans de 3 x 2 metros . Cada un dos stands irá rotulado co nome do expositor (que deberá notificar con anterioridade) e non contarán con ningún tipo de mobiliario (cadeiras, mesas, estanterías...).

DATA LÍMITE PARA SOLICITAR E CONFIRMAR A PARTICIPACIÓN:
Os expositores terán ata o 16 de septembro de 2005 para solicitar unha praza. Unha vez seleccionados pola Organización a partir do día 19 de septembro ata o 23 de septembro terá cada Expositor para abonar o depósito de dita fianza.

Aqueles expositores que non abonen a fianza antes desa data non aparecerán na Publicidade que edite o FESTIVAL e non se garantizará a Rotulación do stan.

MONTAXE-DESMONTAXE:
Os expositores terán que realizar a montaxe o día 14 de Outubro de 2005 de 17.00 a 22.00.
A desmontaxe farase o día 16 de outubro de 22.00 a 23.30 e o día 17 de outubro de 10.00 a 15.00.

FOLLA DE COMPROMISO
Para participar na Feir@ctiva deberase remitir o documento de compromiso facilitado pola propia organización. Confirmada a participación a organización remitirá a cada expositor un documento de compromiso que deberá ser cumprimentado pola entidade coa maior brevidade posible.
A participación estará garantida no momento no que recibamos esa folla de compromiso e se faga o previo pago da fianza correspondente.

COMO SER COLABORADORA DO FESTIVAL
Para un desenvolvemento máis satisfactorio deste proxecto, desexamos convidarvos a formar parte deste grande equipo de persoas e entidades que apoian o festival, colaborando connosco.

O expositor que solicite ser colaborador do Festival optará á inserción dun anuncio publicitario sobre a súa entidade en algún dos formatos que edite o Festival: Especiais en medios de comunicación (ou cuñas radiofónicas) ou catálogo do Festival.
A proposta concreta de colaboración é a seguinte:
- Inserción de 10 módulos: 60 € / de 20 módulos:150€ / de media páxina: 300 €

Ademais da inserción publicitaria, todas as entidades que o soliciten figurarán como colaboradoras e disporán de máis espazos promocionais promovidos pola propia organización ou propostos pola entidade, que se especificaría e se acordarían en cada caso con aquelas entidades que decidan colaborar.

CONTACTO :
Coperactiva Cultural - Rosa Gómez-Reino ou Manuel Vicente
Telef. 981.58.28.36 ( horario de 10.00-15.00 e de 17.30-20.00 )
Mail:galicia@coperactiva.org