Seccións

Altofalante


Sección baixo a que se engloban conferencias, exposicións, videoproxeccións, documentais e encontros. Actividades que abren espazo para a posta en común, o intercambio, o debate de ideas e experiencias na ámbito do medio ambiente, a ecoloxía e a denuncia das prácticas humanas abusivas co medio que poñen en perigo o futuro da Terra.

Nos vindeiros días iremos dando conta máis polo miúdo das propostas concretas desta sección.

 

Feiractiva


Medio centenar de expositores amosarán os seus produtos, servizos e traballos neste espazo de carácter activo e dinámico que, a maiores da divulgación e da venda, acollerá ao longo de toda a fin de semana actividades a cargo dos/as expositores/as que perseguen a participación e a implicación activa do público (con demostracións, obradoiros, degustacións...) 

O recinto feiral “Terra do queixo” de Arzúa converterase de novo nun lugar idóneo para o encontro e intercambio de produtos, ideas, experiencias..., etc, no que se congregarán produtores biolóxicos, ecolóxicos, tendas e empresas ecolóxicas, artesáns, medicinas alternativas, productores locais... 

 

Formaterra


Actividades formativas e de participación que versarán sobre diferentes temas relacionados co crecemento persoal e as terapias alternativas. A educación constitúe unha das ferramentas fundamnetais para fomentar a cultura e conciencia ecolóxicas. Por iso o Terractiva fai unha aposta clara pola formación específica e de calidade.

Arteterapia, cociña vegana, elaboración de queixo, coaching creativo, consumo responsable... Son só algunhas das propostas formativas que se poderán atopar na Feira Ecolóxica 2011. 

Nos vindeiros días iremos dando conta máis polo miúdo das propostas desta sección.

 

Espazo infantil


Unha ludoteca durante toda a fin de semana, obradoiros formativos para as e os máis cativos de diversas temáticas medioambientais, teatro da man do Clown Peter Punk, o Teatro social de Bagunça Teatro e os títeres de Babaluva, exposicións de debuxos realizadas por nenas e nenos de colexios da vila de Arzúa... e un sinfín de propostas pensadas para que as e os nosos pequenos teñan unha toma de contacto directa e agradable coa contorna que os rodea e poidan ir dotándose de ferramentas para o seu coidado.

Nos vindeiros días iremos dando conta máis polo miúdo das propostas desta sección.

 

Cafetería ecolóxica


Criterios ecolóxicos e a promoción do consumo consciente e responsable son os motores deste servizo de cafeteria e comida desta 8ª edición do Terractiva. A interacción co medio ambiente e a abordaxe responsable da mesma tamén teñen a súa parte na alimentación, xa que o respecto aos animais, os produtos libres de químicos e os xeitos de cociña tradicionais forman parte dun entender o mundo desde a inquietude pola conservación e a saúde da Terra. 

 

Xantar popular


O domingo 18 de decembro celebrarase un xantar a prezos populares nas inmediacións do Recinto feiral “Terra do queixo” de Arzúa cun menú popular e variado.

O xantar estará amenizado por grupos de música tradicional da comarca, nunha foliada dixestiva e divertida pra fuxir do frio invernal.

Nos vindeiros días iremos dando conta máis polo miúdo das propostas desta sección.