SECTOR ECOLÓXICO E ALIMENTACIÓN
MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO
O mercado ten carácter semanal. Desenvólvese todos os martes de 18 a 21 h. (outono/inverno) e de 19 a 22 h (primavera/verán) nas terrazas do parque de Belvís en Santiago de Compostela.
E-mail: mercadoentreluscoefusco@gmail.com
Web: mercadoentreluscoefusco.blogaliza.org
Mercado entre lusco e fusco: polo consumo responsábel. O mercado consiste na organización dun mercado de serán de produtos locais, ecolóxicos e de comercio xusto en Santiago de Compostela.
A idea naceu da necesidade de ofrecer unha alternativa real para as persoas que non poden acudir aos mercados locais composteláns nos seus horarios de negocio. O que se pretende é ofrecer un espazo onde poder mercar alimentos básicos, como produtos de horta, legumes e froitas, que sexan locais e de calidade a aquelas persoas que por diversas causas se vexan abocados aos supermercados ou ás grandes superficies.
En representación do mercado contaremos cos productores “Alimentación Sana”, “A hortinha da ponte” e “Xabóns naturais”.
LA VALL DE LA CASELLA, COOP.V.
Enderezo: Avda. Lourdes, 39, 2ºIzq, 27850, Viveiro, Lugo.
Teléfono: 687 601 708
E-mail: estrugaagroeco@gmail.com
Cítricos Ecolóxicos de Valencia
MILHULLOA S.COOP.GALEGA
Enderezo: Coto, 1, Palas de Rei, 27204, Lugo.
Teléfonos: 620 783 682 – 646 569 126 – 636 357 089
E-mail: milhulloa@hotmail.com
Web: www.milhulloa.es
Cooperativa dedicada á produción en ecolóxico de plantas medicinais e aromáticas, deshidratado e envasado destas para elaboración de: infusións, especias e aceites aromatizados. Produción de hortalizas ecolóxicas deshidratadas (grelo). Obradoiros de aproveitamento de plantas medicinais: cosmética natural, propagación de plantas e fitofortificantes. Servizo de deshidratado na cámara de secado.
TUTA FRUTA
Enderezo: Tanquián s/n, Deade, 27437, Pantón, Lugo.
Teléfonos: 982 162 584 - 672 650 728
E-mail: emmytanquian@gmail.com
Web: www.tanquian.es
Ofrece produtos frescos (pataca, kiwi, mazá, castañas) e marmeladas, zumes e salsas, todo da súa propia colleita e co selo do CRAEGA. Tamén elabora pan integral e tartaletas de marmelada, café e chai indio.
ECOGALIZA. ALIMENTACIÓN E CARNICERÍA ECOLÓXICA
Enderezo: Praza de Abastos, nave 7, Local 222, Santiago de Compostela, 15704, A Coruña.
Teléfono: 654 609 611
E-mail: ecogaliza@yahoo.es
Única carnicería en ecolóxico de Santiago de Compostela. Ofrecen carnes de tenreira autóctona galega, polo, porco, porco celta, embutidos, queixos curados e frescos (vaca, cabra e ovella), así coma hamburguesas e salchichas vexetais, seitán, tofu, tempe, mel galego, xalea real fresca, pole, pastas e una ampla variedade de produtos envasados. Todos os seus productos son ecolóxicos certificados.
CAURELOR
Enderezo: Santa Eufemia, 21, Folgoso do Caurel, Lugo.
Teléfonos: 675 930 164 – 615 598 075
E-mail: info@castanasdocaurel.com
Web: www.castanasdocaurel.com
Elaboración artesá de produtos con froitos da Serra do Caurel, fundamentalmente con castañas. Tamén con cereixas, arandos, moras e uvas.
ECOTENDA TERRA ALTERNATIVA
Enderezo R/ Real, 6, 36002, Pontevedra.
Teléfono: 986 845 382
E-mail:terralter@gmail.com
Ecoloxía e artesanía (lá, algodón, seda...)
ALMA MATER DOULA
Enderezo: R/ Antonio Nieto Figueroa,7, Local 8, 36206, Vigo, Pontevedra.
Teléfonos:649 984 112- 679 487 219- 986 272 868
Doula pertencente á Asociación Galega de Doulas. Terapias para nenos e pais.
venda de artesanía infantil, a cargo de Belle-Epoque, na liña Bebé-Epoque que se traballa nas súas instalacións. Artigos únicos, non repiten modelo. Útiles para nais, pais e para cativos/as. Ademais, o acreditado ilustrador Orballo, profesor de debuxoterapia e artes plásticas e que levará obras inéditas, orixinais e únicas para a venda.
Compartirán posto coas seguintes entidades de crianza natural: Asociación de Lactancia Apeito, Asociación de Lactancia Deleite e Fundación de doulas eomaia,
TOUZA VELLA
Enderezo: O Río, Sta. Tegra, Castro Caldelas, 32764, Ourense.
Teléfono: 616 547 099
E-mail: comocabras@yahoo.es
Queixo de cabra con leite crú de elaboración artesá.
ARQUEIXAL
Enderezo: Alba, Palas de Rei, Lugo.
Teléfono: 982 380 251
E-mail: contacto@arqueixal.com
Web: www.arqueixal.com
Arqueixal dedícase á produción de lácteos ecolóxicos tales coma: queixo Arzúa Ulloa cremoso, Arzúa Ulloa de nabiza, iogur natural e leite fresco pasteurizado.
CENTRO DE DIVULGACIÓN DO QUEIXO E DO MEL / COOPERATIVA ERICA MEL
Enderezo: Feira Nova, s/n, Santa María, 15819, Arzúa, A Coruña.
Teléfonos: 981 508 142 - 630 069 637
656 826 366 - 655 230 341
E-mail: aga@queixoemel.org
cooperativa@ericamel.es
Web: www.queixoemel.org www.ericamel.es
O Centro de Divulgación do Queixo e do Mel ten como obxectivo dar a coñecer o queixo de Arzúa e o mel de Galicia, valorando a súa produción artesanal e tradicional.
Erica Mel é unha cooperativa de apicultores e apicultoras repartidos por toda a xeografía galega. A cooperativa dá un servizo aos socios e socias, envasando e comercializando o seu mel, e ademais promociona o mel de Galicia en todas as súas variedades florais e outros produtos da colmea, como produtos de grande valor nutritivo e medicinal.
COLMEALOE
Enderezo: R/ Busto de Arriba, 1, Marín, 36900, Pontevedra.
Teléfonos: 986 884 036 – 627 451 184 – 617 202 131
E-mail: info@galiastursalud.com
pedidos@galiastursalud.com
Web: www.galiastursalud.com
Mel artesán de produción propia, cosmética elaborada cos productos das colmeas, propóleo, xalea real, caramelos artesáns e terapias alternativas naturais.
REISOL SOLUCIÓNS SOLARES E MOBILIDADE ELÉCTRICA
Enderezo: Pol. Industrial Sete Pías, parc. 21-22, 36630, Cambados,Pontevedra
Teléfonos: 664 476 034 – 986 544 087 – 670 455 430
E-mail: msantalices@ocv.es
Solucións en enerxías renovables (enerxía solar térmica e fotovoltáica) para o aforro e a eficiencia enerxética orientados ao consumidor final en Galicia. Mobilidade sostible (motos e bicicletas eléctricas).
DE PAO BIOCONSTRUCCIÓN S.L
Enderezo: Eira do Cruceiro s/n A Brea , Fontao, Vila de Cruces
Teléfono: 628 263 610
E-mail: info@depao.es
Empresa adicada a bioconstrucción en xeral: tellados, muros de pedra, tabiques secos, carpintería de madeira, aislantes ecolóxicos (corcho, lana de ovella).
PINTOR DE QUINS, S.L.
Enderezo: Estrada Nacional 120, 77, 32411 Quins, Melón, Ourense.
Teléfono: 655 142 780
E-mail: pintor_de_quins@yahoo.es
Representante das pinturas ecolóxicas Biofa. Asesoramento, aplicación e distribución de pinturas e vernices ecolóxicos. Experiencia desde 1988.
OBRABIO S.L
Enderezo: As Laxes, 24, Sargadelos, 27891, Lugo.
Teléfonos: 982 557 916 - 657 620 767
E-mail:obrabio@gmail.com
A súa actividade é a bioconstrución, unha intervención que reduza impactos tanto no proceso de produción dos materiais como na súa implicación á hora de construir. Incorporan coñecementos e técnicas para unha vivenda máis saudábel.
DEMO DIRECTA
Enderezo: C/ Albuquerque, 23, 1ºC, Gijón, 33204, Asturias.
Teléfono:666 583 325
E-mail: info@demodirecta.com
Web: www.demodirecta.com
Venda de produtos ecolóxicos de limpeza: Piedra Blanca, Cerapiel, Ecoducha, Ecobola…, etc.
GALIÑA PIÑEIRA
Enderezo: O Pino, A Coruña.
Teléfono: 654 047 516
E-mail: nidasa21@hotmail.com
Recuperación e cría dunha raza de galiña autóctona de Galicia.
FLOR DE MÁCARA
Enderezo: Lugar do Batán, Pambre, Palas de Rei, 27200, Lugo.
Teléfono: 620 460 068
Web: www.flordemacara.com
Flor de Mácara é unha pequena explotación gandeira dedicada á cria de gando limiá (raza galega en perigo de extinción) e á elaboración de queixos artesáns, tanto frescos coma curados. Tamén comercializan carne de forma directa e froitas deshidratadas. Este último produto grazas á Cooperativa Milhulloa, da que son veciños.
TODOVERDE
Enderezo: Figueiredo, 22, Paderne de Allariz, 32112, Ourense.
Teléfonos: 607 743 607 – 988 293 466
E-mail: info@todovede.com
Web: www.todoverde.com
Todoverde é unha empresa dedicada ao asesoramento e comercialización de produtos relacionados coa reciclaxe dos residuos orgánicos, á compsotaxe e vermicompostaxe.
COOPERATIVA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA RAINHA LUPA
Enderezo: Quilmas, Carnota, A Coruña.
Teléfono: 697 364 124
E-mail:casadareinalupa@hotmail.com
Traballo de terras agrícolas para o cultivo de cereal, froita e hortalizas mesturando as técnicas da agricultura ecolóxica e tradicional. Como sinerxia, ao levar a cabo a actividade, prodúcese unha protección das terras contra a erosión, os lumes, o abandono e a especulación ameazante.
CASA ALONGOS / DISTRIBUCIÓNS
Enderezo: Camiño vello de Santiago ou R/ Lavadoiro s/n, Melide, 15800, A Coruña.
Teléfonos: 981 506 392 – 686 312 951 – 619 229 334
E-mail: info@casaalongos.com
Web: www.casaalongos.com
www.vinosysentidos.com
Distribución e comercialización de viños, licores e produtos ecolóxicos. Durante o ano realizan varios obradoiros de catas de viños ecolóxicos e degustación de produtos ecolóxicos.
PAN DO MAR
Enderezo: Avda. Dr. Tourón, 44, 5ºB, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.
Teléfonos: 986 507 768 - 609 133 248
E-mail: gerencia@perezlafuente.com
patricia.carrio.sm@gmail.com
Web: www.pandomar.net
www.perezlafuente.com
Distribución de conservas de pescados e mariscos "Pan do Mar" elaboradas e envasadas con ingredientes ecolóxicos.
LICORES OS MAIOS
Enderezo: Mesón do Pardo, 2, San Clodio, Leiro, 32427, Ourense.
Teléfono: 696721757
E-mail: marinaemaica@gmail.com
Páxina web: www.licoresosmaios.com
Licores artesanais en botellas decoradas con repuxados de estaño e pintadas á man.
GRANXA MARUXA
Enderezo: Cumbraos, 1, Monterroso, 27215, Lugo.
Teléfonos:982 377 049 - 696 206 923
E-mail: info@granxamaruxa.com
Páxina web: www.granxamaruxa.com
Galletas de nata, ecolóxicas, artesás.
FEIRAS DO 8 E 22
Durante dous días ao mes, Arzúa acolle o mercado máis tradicional nas denominadas
“Feiras do 8 e o 22”. As e os produtores que venden nesas dúas feiras arzuás estarán, como non, presentes na meirande Feira Ecolóxica galega. Algunhas destas persoas son: Lola Vázquez e Andrés Castro: queixos, mel, ovos | Felicidad Vázquez: queixos, mel, noces e repolos | María Calvo Pérez: manualidades, cestos, flores | María Luisa Moscoso: legumes | Carme Cacharrón Varela: rosquillas e augardante caseira | Jose Mª Rendo Mato: tomates, pementos e castañas | Ana Mª Valiño Bermejo: hortalizas | Felicidad Mejuto Vázquez: hortaliza, pan | Mª Luísa Penas: queixos, marmelo e pan | Alumn@S IES de Arzúa: tartas caseiras e artesanía.
TERAPIAS ALTERNATIVAS
DRÍADE
Enderezo: C/ Santa Olaya, 2, baixo c,49002, Zamora.
Teléfono:627 897 713
E-mail:carmelamartinezbrezmes@yahoo.es
Libros sobre agricultura ecolóxica e biodinámica, feng-shui, cristais para feng-shui, péndulos e varillas de radiestesia, minerais e incensos para equilibrar os chakras, minerais en bruto, en lámpada (potenciadores enerxéticos), masaxeadores, lámpadas de sal (ionizadores naturais).
ATROPOSBELLADONNA
Enderezo: R/ O Regueiro, 1, Augasantas, Cotobade, Pontevedra.
Teléfonos: 644 158 391- 600 314 348
E-mail: vanessaaldao@hotmail.com
Antigo ünguento empregado nas casas para sanar que, entre moitas outras propiedades é hidratante e protector facial e corporal, podendo empregarse para irritacións da pel, feridas, queimaduras, picaduras..., etc.
BIOTER CENTRO DE QUIROMASAXE E TERAPIAS ALTERNATIVAS
Enderezo:R/ Paseo Matutino, 7, 1º A, Ponteareas, 36860, Pontevedra.
Teléfonos: 636 626 223 – 636 643 301
E-mail:info@webbioter.com
Web:www.webbioter.com
Dedícanse á quiromasaxe, osteopatía, kinesoloxía, medicina china (acupuntura), terapia de polaridade, bionerxética, bio-regresións, terapia de proceso somático...
GALISAN
Enderezo: R/ Menéndez e Pelayo, 26, baixo, Vigo, Pontevedra.
Teléfonos: 666659406 -986 236495
E-mail: galisan@galisan.es
Páxina web: www.galisanvigo.blogspot.com
Tenda especializada en acupuntura e masaxe profesional.
ORGONITOS
Enderezo: R/ Alcatraz 13, Mera, 15177, Oleiros, A coruña.
Teléfonos:619 21 77 65- 633 620 223
E-mail: nachorouco1976@gmail.co
Web: www.orgonitos.com
Son fabricantes de orgonitos, transformadores de enerxía orgónica. O orgonito ou orgonite é un transmutador de enerxía negativa creada no ambiente debido á cantidade de equipamentos electrónicos que temos na nosa contorna, como antenas de telefonía móbil, wifi, microondas, electrodomésticos..., etc.
O orgón proporciona unha constante limpeza enerxética protexendo de efectos nocivos de campos electromagnéticos como insomnio, fatiga, cambios de conduta, irritabilidade, depresión... entre outros.
HERBORISTERÍA GEA
Enderezo: Fraga do Rei, 33, Arzúa, 15810, A Coruña.
Teléfono: 981 500 367
Plantas medicinais, cosmética natural, complementos dietéticos, alimentos ecolóxicos e terapia hidrolinfa.
ARTESANÍA
A CASA DOS XOGOS
Enderezo: R/ Vazquez, 58, baixo, Vila de Cruces, 36590, Pontevedra.
Teléfonos: 600 418 604-646 323 432
E-mail: info@guzmanpercusion.com
Web: www.lacasadelosjuegos.com
Ludoteca itinerante e proxectos ao redor do xogo e do xogador, fabricación dos xogos en madeira, procura sobre o patrimonio lúdico... A práctica totalidade dos xogos son fabricados artesanalmente no seu taller de Vila de Cruces.
FEITO CON XEITO, OBXECTOS EN PAPEL
Enderezo: R/ Cotá, 14, Friol, 27299, Lugo.
Teléfono: 617 032 366
E-mail: juanjo@acreggae.com
Grande variedade de pezas realizadas con diferentes tipos de papel (revistas, xornal, pósters, publicidade…), buscando que poidan ter unha utilidade para o fogar aínda que tamén se atopan pezas decorativas.
Ademais dun sostén económico para os produtores, pretenden tamén concienciar as persoas, a través da reciclaxe e reutilización do papel, como unha forma de reducir a cantidade de lixo que producimos nas nosas vidas.
SINGOALLA
Enderezo: R/ Benito Corbal, 38, 5ºD, Pontevedra.
Teléfono/s: 986 103 597 - 617 699 833
E-mail: bettanhill@yahoo.es
Web: www.singoalla.es
Inspiración entre diferentes culturas, cun estilo artesanal, utilizando diferentes tecidos e cores ademais de técnicas como apliques, patchwork, bordados... Tamén empregan teas recicladas para dar lugar a unha colección moi persoal e única de complementos variados como bolsos, moedeiros, carteiras, cintos, bolsiñas multiusos, neceseres, broches..., etc. En definitiva, a través do seu traballo o que procuran é o desexo de espertar a conciencia e o aprecio cara aos obxectos que foron feitos á man e teñen un valor artesanal.
LANaMAN
Enderezo: A Camposa, 3, Bra, Friol, 27229, Lugo.
Teléfono/s: 600 285 144 – 607 554 871
E-mail: ensonihadas@yahoo.es
Feltro artesán (gorros, zapatillas, plantillas, bolsos, pendentes...) a partir de diferentes tipos de lá principalmente de raza galega.Ademais tamén dispoñen de xemas con propiedades curativas.
OS ALEGRES
Enderezo: Mourente 7, Mourente, 36164, Pontevedra.
E-mail: osalegres@osalegres.com
Web: www.osalegres.com
Pertencentes ao grupo de música tradicional “Os Alegres”, fundado no ano 1939. Fabrican e reparan todo tipo de percusión tradicional, gaitas e requintas.
O PASEANTE
Enderezo: Pista do Outeiro, 2, Espasante, 15339, A Coruña.
Tlf: 696 806 219
Web: artesaniacuero.jimdo.com/productos/
Artesán do coiro con obxectos feitos totalmente á man. Aproveitamento da totalidade do material que, mediante a unión de pezas pequenas de coiro a modo de pachwork, se obteñen pezas máis grandes coas que elaborar carteiras, moedeiros, bolsos..., etc. con acabados diferentes e moi orixinais.
CESTOS E LÁ
Enderezo: Picota, 68, Cerceda, 15188, A Coruña.
Teléfono: 638 329 821
E-mail: dolopicota@hotmail.com
Cestería con materiais reciclados e fibras vexetais. Cestería tradicional de palla, láminas, silvas..., Realización de antigas corozas e capelos. Feltro puro de lá de ovella, elaborado con auga quente e movemento realizando pezas sen costuras tales coma vestimenta, gorros e zapatillas puras de lá, entre outros obxectos.
COLECTIVOS MEDIO AMBIENTE
ADEGA
Enderezo: Travesa Basquiños, 9, baixo, 15704, Compostela.
Teléfono: 981 570 099
E-mail: adega@adega.info
Web: www.adega.info
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é a organización ecoloxista galega con máis anos de experiencia. É independente e se ánimo de lucro e vén de cumprir 36 anos de historia. A súa vocación é defender o medio ambiente galego, así como os seus valores culturais e a lingua propia. Ademais da súa función reivindicativa, tamén desenvolve actividades de educación ambiental, proxectos de divulgación informativa e formativa. Conta cunha delegación propia na zona do Alto Ulla, onde tamén se sitúa o seu centro de recuperación de saberes tradicionais, a Eira da Xoana (parroquia de Ramil).
ECOCOCOARTE
Enderezo: Casas de Abaixo s/n, Cotá, Friol, 27299, Lugo.
Teléfono: 635 569 801
E-mail: parapatifu@hotmail.com
Web: www.ecococoarts.com.br
Proxecto, desenvolvido en Brasil que trata de dar formación ocupacional a persoas en situación de risgo social (nenos da rúa, mulleres sen recursos, mozos/as desempregados/as…) que aprenden un oficio artesán e habilidades sociais coas que atoparen unha saída laboral a súa situación persoal. Cada unha das pezas realízanse reutilizando materiais naturais propios da zona onde son elaborados: diferentes especies de coco, fibras, madeiras nobres, óso,…
É a venda das artesanías a través de diferentes canles (internet, feiras, mostras, tendas,…) o que garante a sostenibilidade do proxecto: os artesáns que participan no proxecto reciben unha retribución xusta polo seu traballo e os beneficios obtidos da venda das pezas son reinvertidos no proxecto.
GALIZA NON SE VENDE
Enderezo: Sebastián Elcano, 12, 3º, 36208, Vigo, Pontevedra.
Teléfono: 649 266 619
E-mail: info@galizanonsevende.org
duarteferrin@gmail.com
Web: www.galizanonsevende.org
Galiza Non Se Vende é unha rede de colectivos de acción social e defensa do patrimonio ambiental e cultural da nosa terra.
O seu obxectivo é a defensa do medio ambiente, do territorio e do mar como bens naturais, sociais e culturais. Como bens naturais, porque son valiosos por si mesmos e constitúen o soporte natural de toda vida. Como bens sociais, porque son fonte de recursos, de vivencias, de cultura e de lecer vital. Como bens culturais, porque son soporte das actividades vencelladas á terra e ao mar, do patrimonio material e do patrimonio inmaterial que constitúen a identidade cultural da Galiza. No posto haberá información de distintos conflitos existentes no pais e material diverso dos colectivos da rede.
A.C. CALEIDOSKOPIO - "A Cova dos Ratos"
Enderezo: Romil, 3, baixo, Vigo, Pontevedra.
Teléfonos: 986 493 381 - 626229441
E-mail: caleidoskopio@sindominio.net
rakelteje@gmail.com
Web: www.cova.arkipelagos.net
Caleidoskopio xorde a finais do 1999 polas inquedanzas dun grupo de ente nova que tiña a prentensión de levar a diante un proxecto de vida máis coherente e crear un espazo social aberto ao servizo da sosciedade. En 2001 pon en marcha A cova dos ratos, un centro social autoxestionado baseado nun funcionamenteo asemblear e que fomenta a autoxestión, o consumo consciente, os movementos sociais, a participación, a cultura e a información transparente.
EQUISOL COMERCIO XUSTO
Enderezo: R/ Gomez Ulla, 4, Santiago de Compostela, A Coruña.
Teléfono: 981 938 724
E-mail: comercioxustoequisol@yahoo.es
Equisol, máis que unha tenda, é unha iniciativa económica responsable. Ademais de atopar toda clase de productos de alimentación, artesanía, papelaría, textil, drogaría e agasallos persoais e de empresa, Equisol participa e promove outras formas de comercio, como mercados de troque, préstamo de libros, así como actividades de divulgación e sensibilización (charlas, promocións, cáterings…) sobre comercio xusto, agricultura ecolóxica e consumo responsable.
FAIA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Enderezo: R/ Valladolid, 8, 3º, Vigo, 36205, Pontevedra.
Teléfono: 686 998 706
E-mail: info@faia.gl
Web: www.faia.gl
Faia Educación Ambiental é unha empresa que promove o coñecemento da nosa realidade ambiental a través de obradoiros, visitas guiadas, campañas, cursos ou eventos.
PANXEA
COOPERATIVA DE CONSUMO RESPONSABLE
Enderezo: R/ A Rosa, 36, baixo, 15701, Santiago de Compostela, A Coruña.
Teléfonos: 981 937 238 – 649 350 628
E-mail: xestion@panxea.org
Web: www.panxea.org
Panxea é unha cooperativa de consumo consciente e responsable con tenda aberta en Compostela onde comercializa productos de comercio xusto, agricultura ecolóxica e produtos locais. Tamén conta cun local social-centro de recursos onde organiza diversas actividades de formación e sensibilización sobre comercio xusto, consumo responsable, soberanía alimentaria, economía social e solidaria, banca ética e turismo responsable, entre outras. O seu xeito de funcionar é aberto, participativo e democrático, e desde o local, traballan tamén a nivel global nas distintas redes das que son parte (Coordinadora Galega de ONGD, REAS-Galicia, Espacio por un Comercio Justo, Fiare-Galiza...)
ZOCAMINHOCA
COOPERATIVA CONSUMO RESPONSABLE
Enderezo: Castrillón, 9, baixo esq, 15009, A Coruña.
Teléfono: 698 183 847
E-mail: zocaminhoca@gmail.com
Web: www.zocaminhoca.org
Zocaminhoca é unha entidade sen ánimo de lucro, que desenvolve actividades como o autoabastecemento de produtos eco-lóxicos, fomento de hábitos sostibles, participación en eventos educativos, divulgativos e de transformación social,etc. Mediante a implicación no proxecto de todas as socias trabállanse temas como o consumo responsable, a dignificación do rural, a soberanía alimentaria, a ecoloxía social, as relacións directas entre productoras e consumidoras, etc.
A COVA DA TERRA
Enderezo: R/ Noreas,12, baixo, 27001, Lugo.
Teléfono: 982 230 211
E-mail: asociacion@covadaterra.org
Web: www.covadaterra.org
A Cova da Terra é unha asociación galega sen ánimo de lucro, de comercio xusto e consumo responsable que comezou a súa andaina en 1995 abrindo en Lugo a primeira tenda de comercio xusto de Galicia. Traballa na transformación da sociedade, desde o ámbito local, na procura dunha maior conciencia ambiental e social dos e das galegas, a partir de programas educativos e de sensibilización e de prácticas comerciais máis xustas e solidarias. Tamén procura o traballo en rede con outras entidades, tanto intentando reforzar o tecido asociativo de Lugo, como participando en redes como a Coordinadora Galega de ONGs, a Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS Galicia) ou o Espazo por un Comercio Xusto, a nivel estatal.
VITAMINAS PARA O GALEGO
Enderezo: Casa do Concello, 15500, Fene, A Coruña
Teléfono/s: 609 828 743 - 981 492 775
E-mail: vitaminasparaogalego@gmail.com
Web: sonradiofusion.blogspot.com
Campaña de sensibilización arredor da necesidade de medios de comunicación en galego “se queremos que a língua galega sexa un idioma de prestixio e de futuro”.
Suscriben a campaña: Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Tempos Novos, Praza Pública, Radiofusión, Que pasa na costa, ovalmiñor.info, O Sil e Crónica 3.