![]() |
|||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
|
![]() |
![]()
Informamosvos do cambio horario no curso B. Aromaterapia. Recursos naturais para as emocións e o equilibrio infantil NOVO HORARIO Duración do curso: 12 horas Sábado 17 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Domingo 18 de 16.00 a 20.00 h. CAMBIO HORARIO NO CURSO D. XOGOS DE APRENDIZAXE. O curso D. Xogos de aprendizaxe. Xogando a vida, impartirase o domingo 18 de outubro NOVO HORARIO Duración do curso: 8 horas Domingo 18 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
*A recepción dos cursos farase no recinto feiral media hora antes do seu comezo.
Así, no seo do festival nace o programa formativo Formaterra, coa intención de servir de plataforma de aprendizaxe ás persoas que procuran re-atoparse co medio natural e mirar a un tempo cara si memas e de xeito colectivo atendendo a disciplinas como as terapias alternativas, a medicina natural ou a agricultura ecolóxica, entre outras. A.* CONCEPTOS BÁSICOS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA B.* AROMATERAPIA. RECUROS NATURAIS PARA AS EMOCIÓNS E O EQUILIBRIO INFANTIL C. *CURSO DE BHANGRA / BOLLYWOOD CON KUNDALINI YOGA D. *XOGOS DE APRENDIZAXE / XOGANDO A VIDA E. *TÉCNICAS FÍSICAS E MEDITATIVAS Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario A. CONCEPTOS BÁSICOS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA Imparte: Yago González Sierra e Graciela Méndez Rodríguez (Asturies), voluntario e técnica da leira de agricultura ecolóxica e centro especial de emprego "El Cabillón". Duración: 8 horas Horario: Sábado 17 e domingo 18 de 10.00 a 14.00 h Nº máximo de participantes: 15 persoas Prezo: 40 € Este curso vai destinado a persoas que teñan interese por achegarse á agricultura ecolóxica, mediante unha visión sinxela e amena dos conceptos básicos que rexen o seu funcionamento, coa intención de animar aos l@s alumn@s a implicarse no seu desenvolvemento, tanto consumindo produtos ecolóxicos, como pondo en práctica as súas técnicas no seu pequeno horto familiar, horto urbano ou xardín. Que se entende por agricultura ecolóxica? En que consisten as súas técnicas? É complicado levalas á práctica? Necesítanse moitos coñecementos para practicar a agricultura ecolóxica? Que significa acolchado, abono verde, compostaxe...? Podo practicar a agricultura ecolóxica no meu pequeno horto? En que se distinguen as verduras ecolóxicas das convencionais? Que significan e como funcionan os selos de certificación ecolóxicos? Estas son algunhas das preguntas que trataremos de contestar. B. AROMATERAPIA. RECUROS NATURAIS PARA AS EMOCIÓNS E O EQUILIBRIO INFANTIL Imparte: Laura Romera (Murcia), aromaterapeuta e kinesióloga Duración: 16 horas Horario: Sábado 17 e domingo 18 de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h Número máximo de participantes: 20 persoas Prezo: 70 € Este taller esta destinado a un público xeral. Tanto para nais/pais e persoas que traten con nen@s como para profesionais do sector. OBXECTIVOS: -Dar un enfoque holístico das emocións e o seu tratamento. -Deseñar unha proposta de abordaxe ao tratamento aromático para nen@s., integrando corpo e alma. A través das ferramentas que nos brinda a natureza (plantas aromáticas, as súas esencias e elixires florais), abordaremos as emocións básicas do ser humano, descriptas polo Dr. Eduard Bach, creador do sistema floral que leva o seu nome, dando unha proposta para harmonizar a alma do nen@. Masaxes, toques amorosos, aromas, que lles axudasen a madurar, a comprender, a ser máis felices coas súas relacións persoais. O taller froito, de 21 anos de labor artístico, ecolóxica e terapéutica, con nen@s de diferentes idades, e condicións sociais, propón unha dinámica preventiva de enfermidades e desequilibrios. *NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda de fibras naturais, calcetíns, manta de viaxe, toalla grande, toalla pequena, esterilla e coxín alto para o chan e para rematar un caderno para apuntes. C. CURSO DE BHANGRA / BOLLYWOOD CON KUNDALINI IOGA Imparte: Sat Guru Kaur (Barcelona / Londres) Duración: 12 horas Horario: Sábado 17 e domingo 18 de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h Nº máximo de participantes: 20 persoas Prezo: 60 € Vivir a alegría dentro. Técnicas de Kundalini Ioga para espertar o Shakti, a felicidade de vivir. Bhangra é o baile da alegría, dunha tradición baseada no punjab dos campesiños para celebrar a colleita. Axuda a reconectarte coa túa capacidade de sentir e equilibrar os 2 hemisferios do cerebro. Eleva o teu estado de ánimo e con Kundalini Ioga faremos unhas asanas (posturas especiais) para complementar este baile precioso e incrementar a nosa vitalidade, as nosas ganas de vivir e a elevación do noso espírito. É un descubrimento da conciencia corporal para entrar nun contacto profundo co corpo a través da danza e as técnicas de Kundalini. Complementarase cunha meditación de sanación para temas emocionais. D. XOGOS DE APRENDIZAXE / XOGANDO A VIDA Imparte: Xabela Vargas (Barcelona), fundadora do Método Bengala de Crecemento Persoal Duración: 8 horas Horario: Sábado 17 de 10.00 a 14.00 h e 16.00 a 20.00 h Nº máximo de participantes: 20 persoas Prezo: 50 € Este taller está concibido para traballar en grupo, facilitando mediante o xogo consciente as posibilidades creativas e sanadoras que todo ser leva dentro. Os xogos de aprendizaxe facilitan o contacto e normalizan o noso comportamento cara aos demais na vida cotiá, axudándonos a descubrir e normalizar o noso desenvolvemento no colectivo humano. Os diferentes xeitos coas que traballaremos neste taller abriranche novas portas psíquicas onde vas descubrir lugares do teu interior e novas formas de percibirche nun espazo purificado. Traballaremos cos tres aspectos do corpo: orgánico, psíquico e espiritual, facilitando así todas as posibilidades da nosa expresión. Mediante os exercicios afinaremos o instrumento corporal de modo que se faga máis sensible, receptible e fluído coa esperanza de poder adquirir e ampliar o marabilloso mundo de creatividade e conexión que posuímos por dereito como os seres das estrelas que somos. NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda, unha manta e un pano. PARA COÑECER MAIS INFORMACIÓN SOBRE O MÉTODO BENGALA DE XABELA VARGAS PICA AQUÍ E. TÉCNICAS FÍSICAS E MEDITATIVAS (2 OPCIÓNS) IMPARTE: Toño González (Galiza), instrutor de Tai Chi Chuan por RFEJDA, diplomado en Qi Gong por IGANCHI, profesor de Hatha Ioga Sivananda por vos Centros internacionais de Ioga Sivananda e profesor de Kundalini Ioga por AEKY PREZO: 35 € se realizas só un curso / 50 € se elixes realizar as dúas opcións OPCIÓN I: QI GONG (CHI KUNG) LOU HAN "18 PALMAS DE BUDA" DURACIÓN: 4 horas HORARIO: Domingo 18 de 10.00 a 14.00 h. Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES: 15 persoas A finalidade das 18 palmas de Buda é a de construír un corpo flexible e forte. Traballa músculos, tendóns, ligamentos, articulacións e especialmente a columna vertebral, a través de estiramentos e a constante alternancia entre o yin e o yan. Tensión e relaxación. A súa práctica favorece o fluxo de enerxía polas canles enerxéticas. Desenvolve a consciencia corporal. Unha arte milenaria, unha fonte de enerxía e vitalidade. *NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda que lle permita realizar movementos amplos, calzado cómodo e unha esterilla. OPCIÓN II: RESPIRACIÓN E RELAXACIÓN HACIA O BENESTAR DURACIÓN: 2 horas e media HORARIO: Domingo Domingo 18 de outubro de 17.30 a 20.00 h. Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES: 20 persoas A respiración é a función fisiológica máis importante do ser humano, de modo que ter unha vida sa, depende en gran medida de que sexamos capaces de respirar dunha forma adecuada. Necesitamos rehabilitar a respiración deficiente ou incorrecta e sacar o maior proveito a esta función vital e esencial que nos permite así promover a saúde e vitalidade, controlar os estados de ánimo, desenvolver a concentración e promover un estado de conexión. A relaxación é unha ferramenta moi demandada na sociedade actual, onde a tensión e a presa son fontes de malestar físico e psicolóxico. Traballaremos con Ioga Nidra que é unha poderosa técnica que nos ensina a relaxarnos de xeito consciente. Ioga Nidra é un método sistemático para chegar a relaxación física, emocional e mental. Un estado de soño con plena lucidez. NOTA: As persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda, unha esterilla, unha manta e un coxín. Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS FORMATERRA 2009 INSCRICIÓN E PAGO Para facer a inscrición nos cursos da VI Feira Ecolóxica de Arzúa TERRACTIVA, Festival das Artes pola Biodiversidade, segue con atención os pasos indicados neste apartado. A inscrición para os cursos realizarase a través do número de teléfono 981 582 836 ou ben cumplimentando o formulario de inscrición (PINCHA AQUÍ PARA CUMPLIMENTAR O FORMULARIO), previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso. A inscrición nos mesmos será por estrita orde de ingreso bancario. O prazo de inscrición finaliza o xoves 8 de outubro de 2009. As persoas que desexen facer unha inscrición logo desta data deberán porse en contacto coa organización no número de teléfono 981 582 836 ou a través do correo electrónico galicia@coperactiva.org 1.- Unha vez seleccionados o/os curso/s nos que se desexa participar, ingresar o 100 % do importe total do/s curso/s solicitado/s no número de conta de Caixanova 2080 0540 45 0040001988 ata ou 8 de outubro de 2009, indicando o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante. 2.- Enviar por fax ao número 981 575 699 ou ben escanear e mandar ó enderezo electrónico galicia@coperactiva.org o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante. 3.- Porse en contacto coa organización de Formaterra no número de teléfono 981 582 836, solicitando cubrir a ficha de inscrición nos cursos. 4. O venres 9 de outubro faranse públicas, a través de http://www.terractiva.org as listas de persoas admitidas en cada curso, así como, de habelas, as prazas libres en cada un deles. No caso de que se exceda o número máximo de alumn@s nalgún dos cursos, alumn@ entrará directamente en lista de espera. Se finalmente non puidese entrar no curso a organización do festival porase en contacto ca/s persoa/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado. INFORMACIÓN DE INTERESE: DEVOLUCIÓN DO DINEIRO INGRESADO Aquelas persoas que, unha vez feito o ingreso, queiran darse de baixa, deberán comunicalo á organización no número de teléfono 981 582 836 para que lles sexa devolto o importe ingresado. Só se devolverá o importe no caso de que a praza sexa cuberta por outra persoa ou se acrediten causas de forza maior. * Recoméndase a todas as persoas participantes nestes cursos vestir roupa e calzado cómodo. * Os medios de comunicación poderán ter acceso controlado aos cursos. * Por respecto o/a mestre/a e ao resto do alumnado, é imprescindible puntualidade desde a primeira sesión do curso. De chegar con atraso, a organización non garante o acceso ao curso. * Informarase a través da páxina web do festival, http://www.terractiva.org, dos espazos onde se realizarán os cursos. * Os/as alumnos/as deberán traer os xustificantes de ingreso no inicio do curso. * As persoas participantes nalgún destes cursos recibirán un diploma de asistencia aos mesmos acreditado polo Festival das Artes pola Biodiversidade e o Concello de Arzúa. * A idade mínima para participar nos cursos é de 16 anos. OBRADOIROS GRATUÍTOS INSCRICIÓN: Gratuíta. Realizarase no posto da organización (Planta Baixa do Recinto Feiral) desde a apertura do festival. As prazas cubriranse por estrita orde de chegada. A. Auga de colonia e sales de baño: cosmética natural a base de extractos de plantas medicinais. Impartido por: Milhulloa S.C.G Data: sábado 17 ás 12:30 h. Lugar: Aula F, pranta baixa, recinto feiral. Número máximo de participantes: 20 persoas Elaboración de auga de colonia e sales de baño a base de diferentes extractos de plantas medicinais (augas floráis, esencias, alcoholatos, macerados, etc.). Os participantes levarán o producto final no seu correspondente envase unha vez finalizado o obradoiro. B. Radistesia Impartido por: Terramar Data: sábado 17 ás 13:30 Lugar: Aula D, primeiro andar, recinto feiral. Número máximo de participantes: 15 A Radistesia é a antiga ciencia de obter información mediante instrumentos como o péndulo de cuarzo. O seu uso máis frecuente é o de atopar agua nun terreo, pero tamén se pode ampliar para obter información de moitos tipos. É especialmente útil no campo da terapia, para lograr información sobre distintas enfermidades. C. Iniciacion ao Contact Juggling. Impartido por: Isla Malabar Data: sábado 17 ás 18:00 e domingo 18 ás 18:00 h Lugar: posto de Isla Malabar, pranta baixa do recinto feiral. Número máximo de participantes: 10 persoas (maiores de 15 anos) Iniciación ao malabarismo de contacto (malabarismo que consiste en manter unha pelota en constante contacto co corpo, facéndoa rodar polas mans e brazos e creando efectos e ilusións ópticas.) Aprenderemos os movementos e os trucos básicos para que o alumno poda seguir experimentando e evolucionando pola súa conta unha vez finalizado o curso. D. Construcción de fornos solares Impartido por: Juan Bello Llorente Data: domingo 18 ás 11:30 e ás 17:00 Lugar: Aula B, primeiro andar, recinto feiral. Número máximo de participantes: 15 Normalmente asociamos enerxía solar coa alta tecnoloxía e con procesos técnicos complicados. A través deste obradoiro mostrarase o accesible e cotidiano que pode resultar a enerxía solar, ensinando a maneira de fabricar fornos solares, con materiais fácilmente dispoñibles. E. Obradoiro de reciclaxe (carteira de tetrabrik) Impartido por: Cris Fernández de las Heras (Mipalanave) Data: sábado 17 de outubro ás 19:00 h Lugar: posto de Mipalanave, pranta baixa do recinto feiral. Número máximo de participantes: 10 persoas Obradoiro de reciclaxe no que os/as participantes, aprenderán a realizar un monedeiro a parir dun tetrabrik. F. Charla – Obradoiro “O azucre e alternativas” Impartido por: Sabina García Data: domingo 18 ás 12.00 h Lugar: Aula F, pranta baixa do recinto feiral. Número máximo de participantes: 20 Neste obradoiro mostraranse distintas alternativas que existen para a sustitución do azucre dentro da cociña xunto coa realización de algunha receta a modo explicativo. G. Creación de monicreques Impartido por: Teatro tradicional de Títeres de Chile. Data: domingo 18 ás 17:30 h Lugar: Espazo infantil, primeiro andar do recinto feiral. Número máximo de participantes: 30 (de 7 a 12 anos) *Materiais a levar: 1 botella vacía de auga por cada neno (de ½ litro mínimo). .1 calcetín de cor branco, amarelo, rosa etc. .1 camiseta de manga corta pequena (tamaño bebé ou semellante) H. Dentífrico e colutorio: Cosmética natural a base de extractos de plantas medicinais. Impartido por: Milhulloa S. Coop. Galega Data: domingo 18, ás 19:00 Lugar: Aula F, pranta baixa recinto feiral. Número máximo de participantes: 20 persoas Elaboración de dentífrico e colutorio, a base de diferentes extractos de plantas mediciñais (augas floráis, esencias, alcoholatos, macerados, etc.). Os participantes levarán o producto final no seu correspondente envase unha vez finalizado o obradoiro.
|
![]() |
||||||||||||
![]() | |||||||||||||||