Presentación Seccións
Cursos y talleres Datos de Interese
Programación



Financia:
Deputación de A Coruña
Promueve:
Concello de Arzúa
Gestiona:



 FORMATERRA

Formaterra es la escuela de formación del Terractiva. La educación constituye una de las herramientas fundamnetales para fomentar la cultura y conciencia ecológicas. Por eso el festival apuesta por organizar actividades formativas y de participación relacionadas con la cultura ecológica, la educación ambiental y las terapias alternativas, que garantan la educación ambiental en el verdadero conocimiento de su problemática.

 CURSOS E OBRADOIROS FORMATERRA 07

** Desconto do 30% do prezo do curso para ex-alumnos/as de Festiclown e/ou Escol@ctiva, agás para o curso de Constelacións Familiares

* A. RISOTERAPIA
* B. FERRAMENTAS PARA A AUTOSANACIÓN
* C. CONSTELACIÓNS FAMILIARES
* D. MUSICOTERAPIA
* E. HORTA ECOLÓXICA
* F. XESTIÓN DE PROXECTOS DE DINAMIZACIÓN AMBIENTAL
* OBRADOIROS GRATUÍTOS

A. CURSO DE RISOTERAPIA

Imparte: Ángel Sánchez (Profesor e formador de monitores de Ioga e dinamizadores de Risactiva)
Duración: 12 h.
Horario: Sábado 17 e domingo 18 de novembro de 10 a 13 e de 16 a 19 h
Número máximo de persoas participantes: 25
Custe do curso: 80 €

O Curso de Risoterapia abordará a sanación desde a arte, sesións de ioga e expresión creativa, buscando sempre a conexión co ser creativo empregando a risa como terapia, como forma alegre para superar os problemas.
Este curso propón a realización de diferentes actividades arredor da persoa, centrado en valores, na autoestima, en técnicas autocentradas para unha saúde integral, a liberación da persoa e o compromiso Social. A través da combinación de xogos e dinámicas grupais participativas, que incentivarán a expresión sanadora, abordaranse cuestións como que é e para que sirve a risoterapia, os xeitos de rir, tipos de risa, técnicas respiratorias e relaxantes... sempre a partir do que cada participante poida dar e realizar nun contexto lúdico e distendido.
NOTA: as persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda, esterilla ou manta e moitas ganas de descubrirse e crecer.

---------------------------------------------------------------------------

B. FERRAMENTAS PARA A AUTOSANACIÓN

Imparte. por Xabela Vargas (Directora de BENGALA, ESCOLA DE CRECEMENTO PERSOAL)
Duración: 8 h.
Horario: Sábado 17 e domingo 18 de novembro de 16 a 20 h
Número máximo de persoas participantes: 25
Custe do curso: 60 €
+ Info: www.metodobengala.com

O método de crecemento persoal Bengala lévanos a experimentar unha forma de respirar, moverse e ser (sensibilidade e conciencia corporal) en harmonía ca nosa sociedade actual, creando unha base de coñecemento enerxético para que as persoas recuperen a verdadeira razón de ser e non perdan o fundamento da vida.
Tomando como referencia o traballo sobre o corpo psíquico (alma) e enerxético (corpo físico) proposto polo método de crecemento persoal Bengala, abordaranse os seguintes contidos:
- Iniciación ao sistema de chakras
- Simetría de cabeza, tronco e extremidades
- Respiración dos órganos: pulmón, riles, fígado, bazo, corazón.
- Aprender a visualizar, concepción do aura
- Aprender a crear a través da nosa enerxía sutil
- Meditando no corazón
NOTA: as persoas participantes neste curso deberán traer roupa cómoda, esterilla ou manta.

---------------------------------------------------------------------------

C. CONSTELACIÓNS FAMILIARES

Imparten: Maite Maite Molina e Araceli Fernández (expertas en terapia sistémica familiar, gestalt e ioga)
Duración: 12 h.
Horario: sábado 17 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h e domingo 18 de 10.00 a 14.00 h
Número máximo de persoas participantes: 25
Custe do Curso: 80 €

As Constelacións Familiares son unha ferramenta terapéutica ideada por Bert Hellinger dentro da Terapia Sistémica Familiar que permite sanar sufrimentos ligados á dinámica inconsciente que nos une a o noso sistema familiar e xeracións anteriores.

Dende que nacemos pertencemos a un grupo familiar rexido por unhas leis que non podemos cambiar. Os desaxustes e “desordes” no noso sistema familiar maniféstanse en forma de “bloqueos” e problemas nas relacións interpersoais: certas dores físicas, condutas aditivas, enfermidades, toma de decisións, fracasos profesionais e outras situacións poden ter a sua orixe nestes lazos ancestrais.

É un traballo conmovedor e sorprendente cando a persoa dende a sua honestidade está disposta a soltar a suas crenzas limitadoras. Chega con que un membro do sistema familiar faga a Constelacion, para que toda a familia comenze a cambiar e sanar.

---------------------------------------------------------------------------

D. MUSICOTERAPIA

Imparte: Daniel Terán (director da Asociación Española de Musicoterapia)
Duración: 8 h.
Horario: sábado 17 de novembro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h
Número máximo de persoas participantes: 20
Custe do Curso: 60 €

A música é unha experiencia estética chea de transformacións. É resultado do uso intencional de sonoridades. A música posúe algo do enigmático e do inefable que só se pode vivenciar desde a experiencia ou sexa dentro, con e pola música.

Son, ritmo, melodía, harmonía... Estes son os elementos principais que a musicoterapia utiliza, non de xeito fortuíto senón con intención e obxectivos terapéuticos.


Guión do curso
Traballando a realidade a través da desrealidad.
O conto tradicional, o conto de fadas ofrece a posibilidade de traballar a realidade en escenarios de fantasía. Hai contos nos que a presenza da música non é algo sobreañadido nin casual, é parte esencial do argumento. Os elementos musicais potencian e multiplican a eficacia terapéutica do conto.

Virando o dial dos estados de ánimo. Sons e música para identificar, diferenciar e expresar emocións.

Dialogando sen palabras.
No país de Tocarás-Cantarás-Bailarás e Nunca-falarás.

Collage sonoro-musical.
A experiencia musical, aínda que é un proceso predominantemente acústico, é tamén multisensorial,
Memoria de músicas que marcaron momentos clave na vida.
Identidade sonora persoal. Identidade sonora ambiental.

Vivindo músicas.
Autoconciencia a través de diferentes tipos de música. Espontaneidade e sinceridade. Sentir→ Facer → Sentir → Facer.

---------------------------------------------------------------------------

E. HORTA ECOLÓXICA

Imparten: María José e Melitón (responsables da Cátedra de Agroecoloxía da Universidade Rural Paulo Freire de Amayuelas –Palencia-)
Duración: 10 h
Horario: sábado 17 de novembro de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 e domingo de 10.00 a 20.00 h
Número máximo de persoas participantes: 25
Custe do Curso: 60 €
+ info: http://nodo50.org/amayuelas

O curso abordará a agricultura ecolóxica dende a perspectiva de única alternativa para a defensa do planeta terra, como algo máis que unha proposta para coidar a terra. Tomando ese punto de partida, analizarase a situación da agricultura no mundo e as consecuencias da globalización, situando a agroecoloxía como camiño para a soberanía alimentaria.

Asimesmo achegarase ás persoas participantes ás bases fundamentais da agricultura ecolóxica: conceptos, cultivos, tratamentos, etc.

Os contidos do curso inclúen tamén a presentación do proxecto de creación e desenrolo integral dun municipio ecolóxico en Amayuelas de Abajo (Palencia): CIFAES (Centro de Investigación e Formación en Actividades Económicas Sostibles) e Universidade Rural Paulo Freire.

---------------------------------------------------------------------------

F. XESTIÓN DE PROXECTOS DE DINAMIZACIÓN AMBIENTAL

Imparte: Pedro Brandariz (Dinamizador Mediambiental)
Duración: 16 h.
Horario: Sábado 17 e domingo 18 de novembro de 10 a14 e de 16 a 20 h
Número máximo de persoas participantes: 25
Custe do curso: 80 €

No curso tomarase como punto de inicio as bases da dinamización ambiental, para dende ahí profundizar en técnicas concretas de dinamización e educación ambientais, ademáis de achegar ás persoas participantes ao deseño, planificación e xestión de proxectos e programas de sensibilización e concienciación ecolóxica.

Abordaranse as diferentes ferramentas propias da educación e interpretación ambientais para deseñar proxectos concretos de intervención.

Neste curso empregaranse técnicas de resolución colectiva dos problemas, dinámicas de enxeñería autocentrada e modelos de análise activa da realidade mediambiental e social

OBRADOIROS GRATUÍTOS


INSCRICIÓN: Gratuíta. Realizarase no posto da organización (Planta Baixa do Recinto Feiral) dende a apertura do festival. As prazas cubriranse por estrita orde de apuntamento.



COCIÑA VEXETARIANA
Impartido por AC Caleidoskopio.
Sábado 17. De 12.30 a 14.30 h.
Aula F (Planta Baixa Recinto Feiral)
Nº participantes: 20
Cociña vexetariana, vegana (sen produtos animais) e ecolóxica, con produtos biológicos e principalmente de producción local. Elaboración de diferentes pratos, mollos e doces con degustación final de todo o cociñado.

INCIACIÓN Á PANDERETA
Impartido por Lobera
Sábado 17. De 13.00 a 14.00 h.
Posto Lobera Instrumentos (Planta Baixa Recinto Feiral)
Nº participantes: 15
Ofrecer un primeiro contacto co instrumento. Tras unha pequena explicación e demostración, as persoas participantes poderan practicar as súas destrezas ca pandereta e entrenarse nos seus diferentes ritmos.

XABRÓN CON ACEITE RECICLADO
Impartido por AC Caleidoskopio.
Sábado 17. De 17.30 a 19.00 h.
Espazo Central (Planta Baixa Recinto Feiral)
Nº participantes: 15
Elaboración de xabrón a partir dos aceites usados das cociñas. Un xeito productivo e respetuoso co medio de reutilizar este residuo e evitar que contamine a auga.

DANZA E MÚSICA CATALANA
Impartido por Ensaladilla So Insistent
Sábado 17. De 18.00 h a 19.30 h
Aula F (Pranta Baixa do recinto Feiral)
Nº participantes: 20
Mostras da cultura musical e folclórica catalana: sonar la “ximbomba” (acordeón catalán), canción calabresa, danza occitana e melodías e sistemas de improvisación (glossa).

CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS ARTESANAIS
Impartido por Lobera
Sábado 17 novembro. De 18:30 a 19.30 h.
Domingo 18 novembro. De 12.00 a 13.00 h.
Posto Lobera Instrumentos (Planta Baixa Recinto Feiral)
Nº participantes: 15 participantes
Coñecer os instrumentos dos nosos antergos e aprender a facelos ao xeito artesanal con elementos da naturaza: canabeiras, tarrañolas, zoadeiras, cantagalos, curuxas, etc.

FABRICACIÓN DE PASTA DE DENTES
Impartido por Iria Graña
Domingo 18. De 12.00 a 12.45 h.
Espazo Central (Planta Baixa Recinto Feiral)
Nº participantes: 7
Realizarase pasta de dentes con distintos elementos naturais: herbas, aceites esenciais, arxila…, como alternativa á pasta de dentes convencional e aos productos químicos que contén.

REGUEIFAS
Impartido pola Asociación Oral de Galicia
Domingo 18. De 12.30 a 14.00 h
Aula D (Primeira Planta do Recinto Feiral)
Nº participantes: 30
Introducción á creación da Regueifa: a improvisación, a métrica, etc.

REPOSTERÍA ARTESANAL E VEGANA
Impartido por Sabina
Domingo 18 novembro. De 13.00 a 14.00 h
Domingo 18 novembro. De 18.00 a 19.00 h
Aula F (Pranta Baixa do recinto Feiral)
Nº participantes: 20
Presentaranse algunhas receitas de elaboración vegana: paté de sésamo, biscoito vegano,…. As persoas participantes levarannas a cabo, en pequenos grupos de traballo de 4-5 persoas, empregando ingredientes biológicos e/ou caseiros.

CONSTRUCCIÓN DE TÍTERES
Impartido por Teatro Tradicional de Títeres de Chile
Domingo 18. De 17.30 a 19.30 h.
Nº participantes: 30
Fabricación dun monicreque con goma-espuma e teas

COCIÑA ECOLÓXICA
Impartido por Casa Alongos
Domingo 18. De 12.30 a 14.00 h.
Posto de Casa Alongos (Planta Baixa Recinto Feiral)
Nº participantes: 15
Elaboración de receitas sinxelas e de rápida preparación con ingredientes de producción ecolóxica, para poder introducir na nosa dieta diaria. Daranse a coñecer distintas formas de empregar o Tofu na alimentación diaria. Ao finalizar farase degustación do cociñado.

 PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS FORMATERRA 2007

INSCRICIÓN E PAGO

Para facer a inscrición nos cursos do Festival das Artes pola Biodiversidade, Terractiva, seguir con atención os pasos indicados neste apartado.

A inscripción para os cursos realizarase exclusivamente a través do número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso.

A inscrición nos mesmos será por estricta orde de ingreso bancario.

O prazo de inscrición remata o venres 9 de novembro de 2007 As persoas que desexen facer unha inscrición despois desta data deberán poñerse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836 ou a través do enderezo elctrónico info@terractiva.org.

1.- Unha vez seleccionados o/s curso/s nos que se desexa participar, ingresar o 100 % do importe total do/s curso/s solicitado/s no número de conta de Caixanova 2080-0540-45-0040001988 ata o 9 de novembro de 2007, indicando o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante do/s mesmo/s.

2.- Enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o/s nome/s do/s curso/s e o nome e apelidos da persoa solicitante.

3.- Poñerse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836, solicitando cubrir a ficha de inscrición nos cursos. As persoas solicitantes faranse cargo da compatibilidade horaria dos cursos solicitados.

4. O 10 de novembro faranse públicas, a través de www.terractiva.org as listas de persoas admitidas en cada curso, así como, de habelas, as prazas baleiras en cada un deles.

No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as nalgún dos cursos, o/a alumna/o entrará directamente en lista de agarda. Se finalmente non puidese entrar no curso a organización do festival porase en contacto coa/s persoa/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado.


DEVOLUCIÓN DO DIÑEIRO INGRESADO

Aquelas persoas que, unha vez feito o ingreso, queiran darse de baixa, deberán comunicalo á organización no número de teléfono 981 582 836 para que lles sexa devolto integramente o importe ingresado. Só se devolverá o importe no caso de que a praza sexa cuberta por outra persoa ou se acrediten causas de forza maior.


ALOXAMENTO DE BALDE

A organización do Festival das Artes pola Biodiversidade, Terractiva, e o Concello de Arzúa porán a disposición do alumnado inscrito nos cursos aloxamento gratuíto nun Pavillón Municipal con servizos de ducha e wc. As persoas interesadas en aloxarse neste espazo, poderán informarse a tarvés da web do festival, www.terractiva.org, ou ben, a través do número de teléfono 981 582 836.


* Os medios de comunicación poderán ter acceso controlado aos cursos.
* Recoméndase a todas as persoas participantes nestes cursos vestir roupa e calzado cómodo.
* Por respecto a/o mestre/a e ao resto do alumnado, é imprescindible puntualidade.
* Informarase a través da páxina web do festival www.terractiva.org dos espazos onde se realizarán os cursos.
* Os/as alumnos/as deberán traer os xustificantes de ingreso no inicio do curso.
* As persoas participantes nalgún destes cursos recibirán un diploma de asistencia aos mesmos acreditado polo Festival das Artes pola Biodiversidade e o Concello de Arzúa.
* A idade mínima para participar nos cursos é de 16 anos.