Presentación Seccións
Cursos e obradoiros Datos de Interese
Programación



Financia:
Deputación de A Coruña
Promove:
Concello de Arzúa
Xestiona:



 Terr@ctiva 2007
A gran Feira Ecolóxica de Galiza abre un ano máis as súas portas cunha ampla e variada programación pensada para públicos de tódalas idades: a feira ecolóxica Feiractiva, o concerto Galeuzca, o teatro, a escola de formación Formaterra, a sección de denuncia Altofalante, os Xogos da Terra.

É o Terractiva, o Festival das Artes pola Biodiversidade. Unha festa das alternativas, da calidade de vida e a loita pola biodiversidade, que nos convida a soñar cun mundo mellor, máis xusto e respetuoso ca nai terra e os seres que a habitamos. Terractiva é un grande festival cun obxectivo claro de defensa e promoción mediambiental dende as artes e a cultura.

O teatro e a música teñen funcionado historicamente como ferramentas capaces de chegar a xente. De divulgar, concienciar, educar e divertir. A educación constitúe unha das ferramentas fundamentais para fomentar a cultura da ecoloxía e a producion biolóxica unha ponte cara un futuro sostible. As redes e espacios de acción social posibilitan a denuncia organizada das prácticas abusivas dunha parte da humanidade que poñen en perigo o futuro da terra.

Os días 17 e 18 de novembro o Terractiva misturará as actividade lúdicas e culturais, coas reivindicativas e formativas co reto de poñer en marcha na Vila de Arzúa un fenómeno motor de concienciación social ó redor dos valores mediambientais.

O Terractiva, no compromiso ca vida, repulsa a desfeita mediambiental do urbanismo disparatado, das grandes infraestructuras (recheos, piscifactorías, portos deportivos, parques eólicos…) e abraza as loitas contra a voráxine destructora capitalista que manteñen o facho aceso por todo o país. Por iso convida a toda a cidadanía galega a disfrutar ao longo da fin de semana de todas as seccións que conforman esta cita anual co fin de converter Arzúa en Asamblea común da xente que defende o entorno.
 ABERTA SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NA FEIR@CTIVA
A Feira Ecolóxica Feir@ctiva consistirá nunha feira activa e dinámica na que diversos expositores e expositoras amosarán, exporán e venderán os seus produtos, ideas, proxectos, descubrimentos... No mercado verde reuniranse produtos biolóxicos, ecolóxicos, artesanía, centros de mediciñas alternativas, colectivos sociais...

A Feira celebrarase no Recinto Feirial de Arzúa (r/Padre pardo s/n) e permanecerá aberta durante o sábado 17 e domingo 18 de novembro en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30 horas.

As persoas e/ou entidades interesadas en participar cun stan neste mercado verde, dispoñen de información completa sobre as condicións de participación na sección Feir@ctiva da web.