Presentación Seccións
Cursos e obradoiros Datos de Interese
Programación



Financia:
Deputación de A Coruña
Promove:
Concello de Arzúa
Xestiona:



 Presentación
Terr@ctiva é un gran festival medioambiental que ten como obxectivo a defensa e a promoción do noso medioambiente. Terr@ctiva, é un festival de alternativas, calidade de vida, expresión artística e cultural, que loita pola defensa da diversidade.

Durante os días 15 e 16 de outubro dentro do festival Terr@ctiva desenvolveranse numerosas actividades como a feira ecolóxica Feir@ctiva, o festival Galeuzca Musical, actuacións teatrais, obradoiros medioambientais, ludoteca infantil e actividades lúdicas entre outras moitas que se insiren dentro dunha ampla e variada programación pensada para un público multidisciplinar e interxeracional.

Terr@ctiva 2005 é a terceira edición deste Festival das artes pola biodiversidade, único festival artístico e medioambiental a un tempo do Estado, que pretende dar solución á escasa oferta de eventos culturais desta índole no noso país, e que así e todo presentan unha gran demanda.

Buscar novas solucións para os vacíos culturais, e ó mesmo tempo fomentar a conservación do equilibrio ecolóxico do noso planeta, son os grandes retos deste festival. É posible a defensa do medio ambiente desde a cultura, a arte e a solidariedade.

O Terr@ctiva no compromiso coa nosa terra e co noso medio ambiente camiña esta terceira edición baixo a ineludible bandeira da defensa dos montes e o berro de Lumes Nunca Máis. Por eso o Terr@ctiva promove desde as artes a cultura da ecoloxía e a producción biolóxica, como pontes que transitar cara un futuro sostible e autocentrado na realidade do país.

O MONTE PARA QUEN O DEFENDA.


Máis información do Festival no teléfono 981 58 28 36.
 O Ter@ctiva 2005 convirte Arzúa na capital ecolóxica de Galicia
O Festival das Artes pola Biodiversidade, Terr@ctiva 2005, que se celebrou a pasada fin de semana, 15 e 16 de outubro en Arzúa, convocou a un numeroso público entre productores, colectivos ecoloxistas e visitantes de Arzúa e de toda Galicia, que puido disfrutar de unha ampla e variada programación na que foi a edición máis activa e participativa na vida do festival. A defensa do medio ambiente, as artes e a cultura, convertíronse na excusa perfecta para o encontro e o intercambio no Recinto Feiral de Arzúa.

Proba deste éxito de asistencia e implicación do público está na expectación que causou a parte formativa ou no seguimento das conferencias, con máis de un cento de persoas en cada unha. Nos 3 cursos programados durante a fin de semana, que colgaron o cartel de completos semanas antes de comezar, e nos 12 obradoiros, participaron máis de 1000 alumnos de todas as idades. Polo corazón do festival, a feira ecolóxica, pasaron máis de 10.000 visitantes que coas súas adquisicións nos máis de corenta stans reunidos no Recinto Feiral de Arzúa, puxeron de manifesto a necesidade dun escaparate de bens de consumo alternativos aos que monopolizan o mercado actual.

A noite do pasado sábado, púidose disfrutar dentro do Terr@ctiva dunha nova edición do Festival Musical Galeuzca, no que Grallers del Palomar (Catalunya), Kepa Junquera (Euzcadi) e Matraca Perversa (Galiza), ofreceron un directo impecable e de elevada calidade ao público de Arzúa que sumaba máis de 2000 persoas.

Por segundo ano consecutivo, o festival convocou un encontro de todos os grupos ecoloxistas galegos, unha iniciativa pioneira que se consolida coma un foro de análise e posta en común e das iniciativas medioambientais en Galicia.

O éxito e boa acollida desta terceira edición por parte da poboación de Arzúa e de toda Galicia, consolidan ao festival como o encontro das alternativas, da calidade de vida e da expresión artística e cultural en Galicia.

Pincha a quí para ver as fotos do Terr@ctiva 2005


Pincha aquí se queres participar no Festival