![]() |
|||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
|
![]() |
![]()
* CURSO DE MUSIOTERAPIA * CURSO DE RISOTERAPIA Pincha aquí se queres aloxarte no Pavillón OBRADOIRO – CHARLA DE PERMACULTURA OBRADOIRO DE TERAPIA DA RISA OBRADOIRO DE XABÓN OBRADOIROS DE CULTIVO DE COGUMELOS OBRADOIRO PARA NENOS/AS DE PERMACULTURA OBRADOIRO DE MUSICOTERAPIA OBRADOIRO DE COSMÉTICOS A BASE DE ESTRATOS NATURAIS OBRADOIRO DE COCIÑA ECOLÓXICA OBRADOIRO DE FLABIOL-GRALLA OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE XOGUETES OBRADOIRO DE DEPORTES ECOLÓXICOS OBRADOIRO DE ASTRONOMÍA * CURSO DE DINAMIZADORES/AS MEDIOAMBIENTAIS DESCRICIÓN: Formación de axentes medioambientais, que poidan dende a realidade xerar novas dinámicas de organización xuvenil e artística, ademais de crear unha base de educadores medioambientais que adquiran pautas para traballar de xeito dinámico no respeto e recuperación do ecosistema, dende o compromiso social, educativo etc. CONTIDOS: -Principais problemáticas ambientais globais -Principais problemáticas ambientais galegas -Proceso de solucións -Que é eso do Desenvolvemento sustentable -Globalización e Medio Ambiente METODOLOXÍA: Neste curso aplicaranse técnicas de resolución colectiva dos problemas; dinámicas de enxeñería autocentrada; e modelos de análise activa da realidade mediambiental e social. DATAS: 15 e 16 de OUTUBRO DURACIÓN: 16 horas IMPORTE: 30 € HORARIOS: de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 19.00 horas (sábado) – 10.00 A 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas (domingo) INSCRICIÓN: antes do 7 de outubro no seguinte número de teléfono 981 58 28 36 IMPARTE: ESCOLACTIVA (Pedro Brandariz e Verónica Campos) * CURSO DE MUSICOTERAPIA DESCRICIÓN: O tema central do curso será A MÚSICA. A música como terapia, como alternativa para expresar a maxia que todos levamos dentro, como vía para liberar tensións, como ferramenta de comunicación non verbal, a música e o son levaranos á exploración dos sentidos, á imaxinación, ó xogo, ó movemento corporal e emocional… para que o grupo e cada participante que o integra poida sentir o latexo e vibración da súa esencia. CONTIDOS: Os catro elementos da Natureza: AIRE, AUGA, LUME, TERRA serán a base para o traballo en grupo dos participantes. O grupo poderá vivir os catro elementos no seu corpo, mente, emoción e enerxía, abrindo espacio a integración da Natureza, da que forma parte, con todos os seus sentidos. METODOLOXÍA: A través de diferentes dinámicas de grupo os participantes poden vivir unha experiencia que lles axuda a : sentir e coidar o seu corpo, mellorar a saúde, potenciar a creatividade, aumentar a autoestima, expandir os límites persoais, favorecer o fluír da enerxía a través do movemento e da expresión, liberar as tensión e a ansiedade e disfrutar do tempo libre de forma diferente. NECESIDADES PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES - Unha manta, esterilla ou similar - Roupa cómoda ( tipo chándal) - Calcetíns de la ( o traballo faise descalzos) - Un fular para cada participante ou tela para tapar os ollos DATAS: 15 e 16 de OUTUBRO DURACIÓN: 16 horas IMPORTE: 30 € HORARIOS: de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas (sábado) – 10.00 A 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas (domingo) INSCRICIÓN: antes do 7 de outubro no seguinte número de teléfono 981 58 28 36 IMPARTE: ASOCIACIÓN TURMALINA *CURSO DE RISOTERAPIA DESCRICIÓN: O Curso de Risoterapia abordará a sanación desde a arte, sesións de ioga e expresión creativa, buscando sempre a conexión co ser creativo empregando a risa como terapia, como forma saudable para superar os problemas. Este curso propón a realización de diferentes actividades arredor da persoa, centrado en valores, na autoestima, en técnicas autocentradas para unha saúde integral, a liberación da persoa e o compromiso Social. CONTIDOS: - Que é a Risoterapia? - Para que sirve a Risoterapia? - Quen, cando e como se pode practicar a Risoterapia? - Dinámicas e xogos lúdico – participativos - Técnicas respiratorias e desestresantes - Xeitos de rir, bloqueos enerxéticos e tipos de risa METODOLOXÍA: O método basearase na combinación de xogos e dinámicas grupais participativas, que incentivarán a expresión creativa. Sempre a partir do que cada participante poida dar e realizar nun contexto lúdico e relaxado. NECESIDADES PARA AS PERSOAS PARTICIPANTES: - Roupa cómoda - 1 Coxín - 1 Fular ou pano grande - Unha manta, esterilla ou similar DATAS: 15 e 16 de OUTUBRO DURACIÓN: 12 horas IMPORTE: 30 € HORARIOS: de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas (sábado e domingo) INSCRICIÓN: antes do 7 de outubro no seguinte número de teléfono 981 58 28 36 IMPARTE: Angel Sánchez (Profesor da ESCOLA DE SALUT INTELIGENTE DE BARCELONA) (*NOTA 1:) A Organización do Terractiva poderá aprazar ou suspender aqueles cursos nos que non se cubran as prazas mínimas necesarias(cada curso terá un máximo de 20 prazas) (*NOTA 2:) Pendente Concesión Crédito de libre Configuración na Universidade de Santiago e A Coruña) (*NOTA 3:) A Organización porá a disposición dos participantes nos cursos un pavillón para durmir as noites do venres 14, sábado 15 e domingo 16 de outubro. OBRADOIRO – CHARLA DE PERMACULTURA (Imparte J. Antonio Palma – Centro Iris) Data e hora: Sábado 15 de outubro de 12:00 a 14:00 horas. Recinto Feiral Descrición: Facilitación aos asistentes da información básica do que é a Permacultura, os seus vínculos ca Axenda 21 e a implantación en España e Galicia. Desarrollo=Cultura: Desarrollo Industrial vs Cultura Permanente. Redes, Academia e Cursos de Permacultura Número máximo de alumnos/as: 20 Duración: 2 horas OBRADOIRO DE TERAPIA DA RISA ( Imparte Angel Sánchez ) Data e hora: Sábado 15 de outubro de 12:00 a 14:00 horas. Recinto Feiral Descrición:Propoñemos un obradoiro no que practicaremos a risa integradora, tolerante, unificadora.Aquela que se contaxia e incide a nivel físico, emotivo e mental, proporcionándonos saúde e equilibrio. Número máximo de alumnos/as: 15 Duración: 2 horas OBRADOIRO DE XABRÓN (Imparte a Cova dos Ratos) Data e hora: Sábado 15 de outubro de 12:30 a 14:00 horas. Recinto Feiral. Descrición: O obradoiro Consiste basicamente en facer xabón a partir de aceite usado.O xabón fórmase cunha graxa, neste caso o aceite, con auga e sosa, tendo que remexer ata conseguir unha masa.Despois hai que deixalo secar e xa obtemos o xabón. Número máximo de alumnos/as: 25 Duración: 2 horas OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE XOGUETES (Imparte: Consellería de Medio Ambiente) Data e hora: Sábado 15 de outubro de 12:30 a 14:00 horas. Recinto Feiral Descrición: Plantéxase a construcción de diversos xoguetes e útiles para o ocio, a partir de materiais como: cartón, papel, briks, latas, restos de tecidos, envases de plástico, etc... Como obxetivos fundamentais trataremos de fomentar a minimización na producción de residuos domésticos, valorar a importancia da participación individual no coidado do medio ambiente, diferenciar entre conceptos de reutilización e reciclase , fomentar valores de respeto co medio ambiente e promover hábitos de cooperación. Entre os xoguetes e utensilios propostos para a súa construcción podemos citar os seguintes: v Barco con bricks. v Bonecas con botella de plástico. v Máscaras con cartón e envases. v Recipiente para gardar os xoguetes con plásticos e envases. v Xogos de mesa v Bolos con vasos de iogur v Animais de xoguete: vaca, xirafa, dragón, porco,... v Avión v Nave espacial v Títeres Número máximo de alumnos/as: 25 Duración: 2 horas OBRADOIRO DE MUSICOTERAPIA ( Imparte Asociación Turmalina ) Data e hora: Sábado 15 de outubro de 18:00 a 20:00 horas. Recinto Feiral Descrición: Este obradoiro pretende contribuír a crear un espacio promotor de hábitos saudables para mellorar a calidade de vida e conseguir un estado de benestar Físico-Mental-Emocional-Enerxético= SAÚDE Número máximo de alumnos/as: 20 Duración: 2 horas OBRADOIRO DE COSMÉTICOS A BASE DE ESTRATOS NATURAIS ( Imparte Mil Hulloa ) Data e hora: Sábado 15 de outubro de 18:00 a 20:00 horas. Recinto Feiral Descrición: Preparación de sales de baño, con efectos terapéuticos e relaxantes a base de aceites esenciais como lavanda, xeranio, melisa, naranxo, rosa, limón, azahar,menta.... e preparación de cremas hidratantes todo a base de estratos naturais como lanolina (aceite de oliva, grasa de leite de ovella e auga, aceites vexetais, auga perfumada , aceite esencial, bórax e cera de abella. Número máximo de alumnos/as: 20 Duración: 2 horas OBRADOIRO DE COCIÑA ECOLÓXICA (Imparte a Cova dos Ratos) Data e hora: Domingo 16 de outubro de 12:00 a 14:30 horas. Recinto Feiral. Descrición: Optase por este tipo de alimentación por respeto aos animais e ao medio ambiente, optando preferentemente por productos de orixe biolóxica tendo en conta tanto os seus efectos a nivel social e económico como medioambientais, mostrando as alternativas e o poder que temos como consumidoras que todas as persoas somos. Número máximo de alumnos/as: 20 Duración:2 horas OBRADOIRO DE FLABIOL-GRALLA ( Imparte: Grupo Grallers del Palmar ) Data e hora: Sábado 15 de outubro de 18:30 a 20:00 horas e Domingo 16 de outubro de 12:30 a 14:00 horas. Recinto Feiral Descrición: O obradoiro ofrecerá ás persoas participantes a posibilidade de experimentar con algúns dos instrumentos tradicionais cataláns como a tarota ou o flabiol. Incluirá a interpretación dalgúns temas tradicionais "indispensables" no mundo da gralla: temas relacionados co acompañamento dos "castells" (torres humanas) e pezas de repertorio consagradas polo uso e a costume. Ademais, realizarase unha mostra doutros instrumentos tradicionais cataláns :distintos modelos de gralla, o flabiol, a tarota, distintos tipos de percusión (tamborino que acompaña ao flabiol, tambor de gralla). Número máximo de alumnos/as: 25 persoas Duración:1 hora e media OBRADOIROS DE CULTIVO DE COGUMELOS (Imparte: Consellería de Medio Ambiente) Data e hora: Domingo 16 de outubro de 19:00 a 21:00 horas. Recinto Feiral Descrición: O obxectivo desta actividade é, ademais de coñecer o proceso básico do cultivo dos cogomelos, adquirir un coñecementos sobre os fungos (ciclo, particularidades, boas prácticas no seu manexo - cultivo, recolleita, estudo, etc.- ). Logo dun coloquio sobre estes aspectos os participantes realizarán pequenos sacos de cultivo de Pleurotus ostreatus, sacos que unhas 3 - 4 semáns despois comezarán a producir. Cada participante recibirá un tríptico coa información básica abordada na charla e consellos para o mantemento do saco de cultivo. Número máximo de alumnos/as: 25 persoas Duración: 2 horas OBRADOIRO DE DEPORTES ECOLÓXICOS ( Imparte Escolactiva ) Data e hora: Domingo 16 de outubro de 19:00 a 21:00 horas. Recinto Feiral Descrición: Xogos de ecoloxía para aprender xogando como é o noso medioambiente para así amalo e repetalo. Número máximo de alumnos/as: 25 Duración:2 horas OBRADOIRO DE ASTRONOMÍA ( Imparte David Bruzos) Descrición: Construcción dun planisferio celeste, e logo aprender a usalo. Saber buscar qué ceo nos podemos atopar un día concreto a unha hora determinada da noite, e logo identificar as constelacións máis vistosas que podemos ver Número máximo de alumnos/as: 20 Duración:1 hora Máis información no número de teléfono de Coper@ctiva Cultural, o 981 58 28 36
|
![]() |
||||||||||||
![]() | |||||||||||||||