Presentación Seccións
Cursos e obradoiros Datos de Interese
Programa Completo
Financia:
Deputación de A Coruña
Promove:
Concello de Arzúa
Xestiona:



 Presentación
Terr@ctiva é un gran festival medioambiental que ten como obxectivo a defensa e a promoción do noso medioambiente. Terr@ctiva, é un festival de alternativas, calidade de vida, expresión artística e cultural, que loita pola defensa da diversidade.

Durante os días 4 e 5 de decembro dentro do festival Terr@ctiva desenvolveranse numerosas actividades como a feira ecolóxica Feir@ctiva, o festival Galeuzca Musical, actuacións teatrais, obradoiros medioambientais, ludoteca infantil e actividades lúdicas entre outras moitas que se insiren dentro dunha ampla e variada programación pensada para un público multidisciplinar e interxeracional.

Terr@ctiva 2004 é a segunda edición deste Festival das artes pola biodiversidade, único festival artístico e medioambiental a un tempo do Estado, que pretende dar solución á escasa oferta de eventos culturais desta índole no noso país, e que así e todo presentan unha gran demanda.

Os grandes retos deste festival son buscar novas solucións para os vacíos culturais, e ó mesmo tempo fomentar a conservación do equilibrio ecolóxico do noso planeta. É posible a defensa do medio ambiente desde a cultura, a arte e a solidariedade.

A terra para quen a respecte, o mar para quen o defenda.

NOTA: Todalas actividades serán de balde ata completar aforo.
 Terr@ctiva 2004, éxito da participación activa do público
O Festival das Artes pola Biodiversidade, Terr@ctiva , celebrouse o 4 e 5 de decembro en Arzúa onde se puido gozar dunha ampla e variada programación que fixo do Terr@ctiva todo un éxito de público, xa que a implicación da xente de Arzúa e os seus arredores foi moi importante durante toda a fin de semana (aprox. 9000 persoas).

Este éxito viuse reflectido especialmente na grande partición activa do público que visitou a feira ecolóxica (aproximadamente 5000 persoas), na que se acadaron niveis de venda realmente altos. A asistencia aos diversos obradoiros que se ofertaron tamén foi moi importante, a súa maioría estaban literalmente desbordados pola expectación e satisfacción que causaron nos seus asistentes.

Dentro do Terr@ctiva púidose desfrutar dunha nova edición do Festival de Música Galeuzca, que nesta edición contou coa participación do grupo Ortzadar (Euscadi), Brams (Catalunya) e Mercedes Peón (Galicia), quen ofreceron un concerto de calidade e de grande nivel que deixa o listón moi alto a superar na próxima edición.

Cabe destacar o primeiro paso que se deu nesta edición do Terr@ctiva para constituír o Terr@ctiva como foro de ecoloxismo galego grazas á celebración do Iº Encontro de Colectivos Ecoloxistas de Galicia, encontro que tivo unha grande afluencia de participación. Terr@ctiva convértese así nun importante xerador de iniciativas medioambientais para Galicia.

A Deputación da Coruña, que financiaba o proxecto, e o Concello de Arzúa, quen o promovía, declararon a súa satisfacción polo éxito e a boa acollida que tivo o festival por parte da poboación de Arzúa e mostraron a súa vontade de repetir o Terr@ctiva na próxima edición.

A Terra para quen a respecte, o mar para quen o defenda.
 Galería de fotos Terr@ctiva 2004
Pincha aquí