
A Terra para quen a respecte, o mar para quen o defenda
Terr@ctiva SOLIDARÍZASE CO POBO GALEGO AFECTADO POLO DESASTRE ECOLÓXICO E MEDIOMABIENTAL DO PRESTIGE.

O Festival Das Artes pola Biodiversidade recada 3.606 Euros para o Fondo Destinado a axudar a Paliar os danos causados polo Prestige nas Costas Galegas, que se canalizará a través da Plataforma "Nunca máis"
Baixo o lema a Terra para quen a respecte, o mar para quen o defenda celebrouse na Vila de Narón O Festival das Artes pola Biodiversidade, Terr@ctiva, a pasada fin de semana 6, 7 e 8 de decembro.
Durante os tres días foron numerosas e de todas as idades as persoas que visitaron a Feir@ctiva, así como o resto de actividades organizadas no Pavillón Polideportivo As Lagoas e I.E.S As Telleiras. O público asistiu a todas as actividades organizadas e avalou o nacemento desde Festival Pioneiro na nosa terra cunha presencia de case cinco mil persoas en total.
A festa da diversidade, foi tamén, se dúbida a festa da solidariedade co Pobo Galego Damificado polo Prestige. No mercado Verde fixéronse transaccións económicas por un valor global de 36.060 Euros, das que o 1% se destinará ao Fondo Solidario, para o que finalmente se recadaron 3.606€, distribuidos da seguinte maneira: 360€ do 1% do movemento da Landra no Mercado Verde, 240.40 € da Venta de camisetas e material e 3005 € dos beneficios recadados cos bono-axuda para os concertos de Galeuzca.
A Ecoloxía, a Cultura, a diversión e a solidariedade convertéronse na excusa perfecta para o encontro entre expositores, visitantes e artistas que amosaron un enorme compromiso e espíritu de solidariedade, polo que estamos enormemente agradecidos.